Esta materia resulta de gran interese dentro da mención en Audición e Linguaxe polo seu carácter práctico. O seu obxectivo é dotar ao futuro mestre dunha serie de recursos didácticos que faciliten a súa práctica docente na área mencionada, tanto á hora de avaliar como de traballar co alumnado que presente dificultades na audición como na linguaxe oral.