Traballo tutelado |
Elaboración de tres traballos con sentido didáctico baseados no ámbito das Artes Plásticas, preferentemente de modo grupal. |
40 |
A2 A3 A4
|
B1 B2
|
C4 C53 C56 C57 C58 C65
|
D1 D2 D7 D8 D9 D11 D13 D17 D19 D20 D21
|
O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que teranse en conta tanto os coñecementos previos do alumnado coma a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. A calificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal e coma queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame cunha nota mínima de 5 non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria se lles manterá a nota daqueles traballos/actividades superados na convocatoria anterior e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria. AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista ás clases ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ó sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Calificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensinanza do Estudantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. Todo traballo copiado, plaxiado ou realizado pola IA será cualificado cun 0. |