Educational guide 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Antropoloxía: Pensamento e cultura
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Seminario por pequenos grupos (máximo 10 alumnos) sobre un dos libros propostos 20 C13
D13
Cartafol/dossier Traballos individuais 20 C13
D7
D13
Foros de discusión Participación oral nos diferentes temas. 20 B5
C13
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame final é unha proba de desenvolvemento de preguntas de resposta aberta. 40 C13
D1
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. 

En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final.

A cualificación final do sistema de AVALIACIÓN CONTINUA será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria.

AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido no artigo 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. Nesta vía é necesario facer a lectura de dous libros e realizar o exame final obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos.

Todo traballo copiado, plagiado ou realizado pola IA será cualificado cun 0.

Para os traballos e entregas propostas daranse datas de entrega inamovibles en caso de non ser entregadas avaliaranse cun 0.

Cada falta de ortografía descontará 0,25 puntos en todos aqueles documentos escritos que se entreguen á profesora.

O alumnado repetidor deberá acollerse aos criterios de avaliación da guía docente vixente neste curso, non se gardarán notas de cursos anteriores.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000