Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Educación para a saúde e a súa didáctica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral EXPOSICIÓN POR PARTE DO DOCENTE DOS DISTINTOS CONTIDOS DA MATERIA.
Co fin de mellorar o valor didáctico deste método expositivo, introduciranse elementos motivadores que inviten ao alumnado a participar, debater razoado e xerar un ambiente de aprendizaxe dinámico e aberto. Para que isto suceda, incorporaranse paralelamente os seguintes recursos didácticos e estratexias: exploración das ideas ou coñecementos previos do alumnado, proxección de materiais audiovisuais, comentarios de textos, animacións, etc.
Traballo tutelado O alumnado, individualmente ou en grupo, elabora documentos ou actividades sobre diferentes temas da materia. Elaborar investigacións, informes, comentarios críticos sobre lecturas, presentacións, etc. Polo xeral é unha actividade autónoma que inclúe a busca e recollida de información, lectura e xestión de bibliografía e uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). En xeral, o tema e o enfoque pode ser proposto polo alumnado, aínda que sempre é necesario o acordo previo co profesor. Os traballos poden ser individuais ou en grupo a criterio do profesor.
Presentación EXPOSICIÓNS POR PARTE DO ALUMNADO DE TRABALLOS PROPOSTOS POLO DOCENTE, TANTO INDIVIDUAIS COMO EN GRUPO, SOBRE TEMAS RELACIONADOS COA SAÚDE DOS NENOS E NENAS.
Seminario Sesións presenciais realizadas polo alumno en pequenos grupos co profesorado da materia para o asesoramento/desenvolvemento das actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Debate DEBATES SOBRE TEMAS DE ACTUALIDADE RELACIONADOS COA SAÚDE PROPOSTOS POLO DOCENTE
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000