A especialidade de Grao en Educación Infantil esixe que o futuro docente posúa, ademais dunha ampla
formación en aspectos psicopedagóxicos, un dominio cabal da ferramenta básica e imprescindible na comunicación: a lingua. Tal competencia é condicion sine qua non para a transmisión de coñecementos e para formar os discentes dun xeito integral. Tres son as destrezas que os profesores deben perfeccionar nas
aulas para alcanzar os obxectivos inherentes á aprendizaxe desta materia: a capacidade lectora
(comprensión, ritmo, dicción), a expresión oral (corrección, claridade, fluidez) e a expresión escrita
(corrección, cohesión, propiedade).
O futuro mestre de Educación Infantil deberá, polo tanto, adquirir un nivel adecuado de lingua galega que lle permita o dominio das destrezas arriba sinaladas (lectura expresiva, expresión oral e expresión escrita) para levar a cabo unha tripla tarefa: utilizar a lingua galega como lingua normal no ensino, servir de modelo de corrección lingüística aos seus alumnos e detectar e corrixir os erros que estes poidan cometer na lingua oral e na escrita.