Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Instrumentación biomédica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudantado sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido durante as sesións prácticas. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 20 C32
C34
D7
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliarase o proxecto tendo en conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos e a calidade da memoria final do proxecto. A nota final de proxecto (NTG) estará comprendida entre 0 e 10. 20 C32
C34
D7
Exame de preguntas obxectivas Probas que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudantado. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 60 C32
C34
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


1. Avaliación continua

Seguindo as directrices propias da
titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase nesta materia un sistema de avaliación continua.

A materia divídese en dúas partes:
teoría (60%) e práctica (40%). As cualificacións das tarefas
avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A cualificación final do estudantado que elixa esta vía non poderá ser "non presentado".

A planificación das diferentes probas de avaliación estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.

1.a Teoría

Realizaranse 2 probas parciais de
teoría (PT) debidamente programadas ao longo do curso.

Cada proba parcial constará dunha
serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de
problemas e/ou exercicios. A nota de cada proba parcial de teoría
(PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das probas ás que falte
será de 0 puntos. A nota final de teoría (NFT) será a media
aritmética das notas dos parciais:

NFT = (PT1 + PT2)/2.

Para superar a parte de teoría será
necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en cada unha delas.

1.b Práctica

Realizaranse 6 sesións de prácticas
de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 persoas (sempre que sexa
posible formalos). A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas.

A valoración da parte práctica
farase de forma individual. Terase en conta
o traballo individual de preparación previa, a participación e o
traballo desenvolvido por cada membro do grupo durante as sesións de
prácticas. Cada práctica valorarase cunha nota (NP) entre 0 e 10
puntos. A nota das prácticas ás que se falte será de 0. A nota
final das prácticas (NFP) será a media aritmética das notas das
prácticas.

1.c Proxecto

Realizaranse 3 sesións de proxecto
de 2 horas en grupos de 2 persoas (sempre que sexa posible formalos).

Para avaliar o proxecto teranse en
conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos e a
calidade da memoria final do proxecto. O proxecto valorarase de 0 a
10 e para superar dita parte a nota final de proxecto, ou nota de
traballo en grupo (NTG), terá que ser de polo menos un 5 sobre 10. Ademais, o estudantado non poderá faltar a máis de 1 sesión; se isto non se cumpre NTG = 0.

1.d Nota final de la
materia

Na nota final (NF), a nota de teoría
(NFT) terá un peso do 60 %, a nota de prácticas (NFP) do 20% e a
nota de proxecto (NTG) do 20%. Para aprobar a materia será
imprescindible superar a parte de teoría e a parte de proxecto.
Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de
cada parte:

NF= 0,6·NFT + 0,2·NFP +
0,2·NTG.

No caso de non ter superado algunha
das dúas partes (NFT < 5 ou NTG < 5), ou de non haber alcanzado o
mínimo de 5 puntos en cada unha das probas parciais de teoría, ou
de faltar a mais de 1 sesión de proxecto, a nota final será a
obtida coa seguinte expresión:

NF = min( { 4,9 ; (0,6·NFT +
0,2·NFP + 0,2·NTG) } ).

Para aprobar a materia será
imprescindible obter unha nota final NF >= 5.

2. Avaliación global

Quen non opte pola avaliación continua poderá presentarse a unha proba de avaliación global que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización de dita proba, quen non optase pola avaliación continua deberá realizar un exame de teoría e un exame de laboratorio. Ademais deberán realizar previamente un proxecto teórico-práctico individual e entregar a memoria correspondente o mesmo día do exame final de teoría. O proxecto final deberá presentarse na semana seguinte á entrega das memorias. É obrigatorio poñerse en contacto co profesorado polo menos catro semanas antes da data de realización desta proba de avaliación para poder presentarse a ela e para a asignación do proxecto.

O exame teórico consistirá en tres
probas que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba (PT)
valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de teoría (NFT) será a
media aritmética das notas das probas parciais:

NFT = (PT1 + PT2)/2.

O exame práctico consistirá na resolución de exercicios prácticos no laboratorio, similares aos realizados nas prácticas durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0 a 10 e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación obtida.

Para avaliar o proxecto teranse en conta a presentación dos resultados obtidos e a calidade da memoria final do proxecto. A parte de proxecto valorarase de 0 a 10 e a nota final de proxecto (NTG) será a cualificación obtida.

Para aprobar a materia será
imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes. Neste caso a cualificación final será a
suma ponderada das notas de cada parte:

NF = 0,6·NFT + 0,2·NFP +
0,2·NTG.

No caso de non superar algunha das
partes (NFT < 5 ou NFP < 5 ou NTG < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5
puntos en cada unha das probas parciais de teoría, a nota final será a
obtida coa seguinte expresión:

NF = min( { 4,9 ; (0,6·NFT +
0,2·NFP + 0,2·NTG) } ).

Para aprobar a materia será
necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira

A avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira terá o mesmo formato que a avaliación global (apartado 2). A proba de avaliación celebrarase nas datas que estableza a dirección da Escola.

A quen se presente á avaliación na convocatoria extraordinaria conservaráselle a nota que obteña na convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global) nas partes ás que non se presente.

O cálculo da nota final da materia
realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados, ou outros), en calquera dos traballos/probas realizadas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000