Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Simulación aplicada a fluídos e sistemas mecánicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase nun exame final / parcial centrado nos conceptos ensinados e problemas correspondentes aos coñecementos impartidos durante as clases presenciais e de laboratorio. 20 C34
Práctica de laboratorio Avaliaranse as entregade informes de prácticas ou outras tarefas propostas polos docentes 40 C34
D6
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Calidade dos informes das diferentes prácticas propostas e das solucións achegadas 40 C34
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
    A avaliación da materia divídese en dous bloques: Simulación de Sistemas Mecánicos (FEM) (50% do total da materia) e Simulación de Fluídos (CFD) (50% do total da materia). 
    En cada un dos bloques a avaliación realizarase co seguinte reparto:
    - Exame de preguntas obxectivas: 20%.
    - Prácticas de laboratorio (entregas de informes de prácticas e outras tarefas realizadas EN GRUPO): 40%
    - Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas (entregas de informes ou traballos realizados DE FORMA INDIVIDUAL sobre supostos propostos na materia): 40%

    Para superar a materia o alumnado deberá obter en cada un dos bloques da materia polo menos unha puntuación do 40% no apartado Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas (traballos realizados de forma individual). Ademáis, deberá obter polo menos un 40% no total de cada un dos bloques.

    Por defecto, a avaliaicón será en modalidade de Avaliación Continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliaicón todo aquel que o desexe e o solicite no tempo e forma especificados pola Escola. 

    Para o alumnado que curse a materia na modalidade de Avaliación Continua e non aprobe a materia na convocatoria de Primeira Oportunidade (maio), para aprobar a materia na convocatoria de Segunda Oportunidade (xullo) os/as docentes da materia indicaranlle as entregas ou traballos que terá que realizar para poder ser avaliado/a nesa convocatoria.
     
    O alumnado que renuncie á modalidade de Avaliación Continua será avaliado co 100% da puntuación da materia nunha única proba. Nese caso, o/o alumno/a deberá notificárllelo aos/ás docentes da materia coa antelación suficiente, os/as cales lle indicarán a metodoloxía para a avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000