Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Biomateriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Ao final de cada tema ou unidade temática, realizarase unha proba curta de autiavaliación que o alumnado deberá responder de xeito individual.
O resultado destas probas orientarán ao alumnado sobre a súa comprensión da materia e a progresión no aprendizaxe.
As probas consistirán na resolución de 10 cuestións tipo test (resposta única ou múltiple), en liña, a través da plataforma Moovi. Realizaránse na propia aula, no tempo asignado ás leccións maxistrais.
As datas e hora de realización de ditas probas será comunicada ao alumnado con anticipación suficiente a través da plataforma docente e na propia aula. O alumnado deberá contar cun ordenador portátil ou teléfono móbil que permita a conexión á plataforma
20 D5
D9
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno tras a realización de cada sesión práctica, deberá entregar un informe da mesma, onde se inclúan os resultados dos ensaios realizados así como a resposta ás preguntas formuladas polo profesorado. 15 C32
C33
D3
D5
D9
Presentación Presentación oral na que cada grupo de alumnos/as expón diante do profesorado e compañeiros/as de clase o traballo desenvolvido coa axuda de medios informáticos.
O alumnado deberá demostrar a súa participación activa no traballo, os coñecementos adquiridos e a súa capacidade comunicativa.
A avaliación realizarase mediante unha rúbrica previamente coñecida, e terase en conta a información achegada, a estructuración dos contidos, a bibliografía consultada e a claridade da exposición, así como as respostas ofrecidas no debate final co profesorado e o resto do alumnado.
25 C32
C33
D3
D5
D9
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba escrita nas datas fixadas oficialmente pola dirección da EEI para a 1ª edición da avaliación.
Neste exame avaliaranse os coñecementos adquiridos polo alumnado en relación cos temas expostos nas sesións de teoría da materia.
A proba constará de preguntas curtas e de desarrollo, nas que o alumnado deberá explicar, relacionar conceptos, ofrecer solucións a casos concretos, etc.
40 C32
C33
C34
D3
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua (será o sistema de avaliación preferente): Consta de diversas probas que se desenvolverán ao longo do periodo de impartición da docencia, e dunha proba escrita que se realizará na data oficial do exame da 1ª Edición, tal como se indica na táboa anterior, na que se recolle a porcentaxe de cada proba na cualificación final. Como resumo:

  • Autoavaliación: 20%
  • Realización e Informe de prácticas: 15%
  • Presentación e defensa dun traballo en grupo: 25%
  • Exame escrito: 40%

- O alumnado que siga o procedemento de avaliación contínua deberá participar obrigatoriamente na totalidade das actividades indicadas anteriormente, sendo a súa cualificación final a suma das puntuacións acadadas en cada unha das probas, coa ponderación recollida na táboa anterior. Para superar a avaliación continua da materia deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

- Nos casos excepcionais nos que un alumno ou alumna non poida participar nalgunha sesión puntual das actividades anteriores, o profesorado acordará co/coa estudante unha actividade ou proba alternativa, que lle permita continuar co desenvolvemento da materia sen detrimento no proceso de avaliación.

- O alumnado que deba presentarse á segunda edición da avaliación poderá conservar a cualificación obtida probas de Avaliación práctica ( Informe de prácticas e Defensa do traballo de grupo= 40% nota final) e presentarse a un exame escrito de preguntas obxectivas no que se avaliarán os contidos teóricos do curso e que poderará o 60% da nota final. A proba realizarase na data oficial fixada polo centro.

Avaliación Global: Aqueles/as alumnos/as que non desexen acollerse ao procedemento de avaliación continua, deberán seguir o procedemento de renuncia a avaliación continua establecido pola dirección da EEI, cumprindo os prazos fixados polo centro. Neste caso, tanto na primeira como na segunda edición, a avaliación realizarase mediante un único exame escrito, que se realizará nas datas oficias fixadas polo centro. O exame constará de preguntas obxectivas sobre a totalidade dos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia, supoñendo 100% da cualificación do alumno ou alumna. Para superar a avaliación global e deberán alcanzar unha cualificación mínima de 5 sobre 10.

Convocatoria Extraordinaria: levarase a cabo segundo o sistema de avaliación global, na data previamente fixada polo centro. Consta dun único exame escrito que avaliará a totalidade dos contidos teóricos e prácticos da materia, e suporá o 100% da nota final.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado, de acordo co código ético da Universidade de Vigo e da EEI. Segundo o artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docenciae do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023): "A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse".

AVISO: No caso de discrepancia ou inconsistencia na información contida nas distintas versións lingüísticas desta guía, prevalece a versión editada en galego.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000