Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Biomateriais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Todas aquelas condicións de excepcionalidade recollidas no Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo serán causa de adaptación no desenvolvemento da materia. Así,
- Como se indica no artigo 13.4 “Co fin de garantir o dereito do estudantado a conciliar a asistencia ás aulas con outras actividades profesionais e/ou familiares e, se for o caso, para o exercicio dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e deportistas de elite, os centros deberán determinar as condicións e o procedemento seguido para elixir o grupo de docencia, de ser o caso”. Para axilizar o proceso, recoméndase ao alumnado que se atope nesta situación contacte co profesorado da materia para adecuar o antes posible a adaptación das metodoloxías.

- Como se recolle no artigo 17.1 “O estudantado con necesidades educativas específicas de apoio educativo, debidamente acreditadas pola autoridade competente que corresponda, terá dereito a unha adaptación tanto da planificación da ensinanza como das metodoloxías e sistemas de avaliación e cualificación, así como a un seguimento personalizado da súa actividade académica e a unha atención adaptada que facilite a súa integración na vida universitaria”.

- Calquera outra circunstancia excepcional que poida producirse, deberá ser comunicada o antes posible aos profesores da materia e/ou ao equipo directivo da EEI para a súa consideración e, de ser necesario, proceder ás adaptacións axeitadas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000