Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Bioestatística
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

Metodoloxías docentes que se manteñen: todas. En caso de que a docencia non se poida levar a cabo presencialmente, empregaranse as ferramentas de Campus Remoto.

Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): a través do correo-e e das través das ferramentas de Campus Remoto.

Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: non procede.

Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: o profesor facilitará o material bibliográfico necesario, tanto de elaboración propia como a través dos recursos da Biblioteca universitaria.

Outras modificacións: non proceden.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en Resolución Reitoral, aos medios telemáticos postos a disposición do profesorado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000