Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Estrutura e patoloxía médico-cirúrxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Avaliación Continua sobre o traballo desenvolvido polo alumno nas sesións prácticas establecidas na materia ao longo do cuadrimestre 25 B3
C22
C30
C33
D1
D5
D7
D8
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse 3 probas de igual peso (un 25%), unha por cada unha das partes nas que se divide a materia, que se desenvolverán dentro das horas de clase e debidamente programadas para que non interfiran co resto das materias. 75 C22
C30
C33
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Continua.

Para superar a materia por avaliación continua deben cumprirse os dous
seguintes requisitos:

a) Asistir e realizar con aproveitamento as prácticas da materia
entregando aqueles traballos que se propoñan durante a súa realización.

A nota das prácticas terá un peso de 25% sobre o tota
l.

Cada alumno obterá unha nota por cada práctica.

A nota de prácticas de
cada alumno obterase da media das notas de prácticas.

As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. Se a asistencia ás
sesións de prácticas é inferior ao 75%, a nota das prácticas será cero.

No caso de non superar as prácticas por Avaliación Continua, o alumno
realizará un exame de prácticas na convocatoria final.

b) Dado que a materia está estruturada en 3 partes,
realizaranse 3 probas de igual peso, unha por cada parte.

A nota das
tres partes terá un peso dun 75% sobre o total.

Para superar a materia haberá que obter unha nota media de 5 sobre 10 no
global das partes, sen que en ningures póidase sacar unha nota inferior
a 4 sobre 10.

No caso de que en algures se obteña unha nota inferior ao 4, aínda que a
media sexa igual ou superior a 5, terá que recuperar a/s parte/s
nas convocatorias oficiais fixadas polo Centro.

Notas adicionais sobre a avaliación:

No caso de non superar a materia por avaliación continua, teranse que
recuperar aquelas partes non superadas nas probas das convocatorias
oficiais fixadas polo Centro.

No caso de optar pola renuncia á Avaliación Continua, o alumno terá que
facer unha proba de coñecemento relativa ás prácticas (25%) e outra
proba relativa ás tres partes en que se divide a materia (75%). Neste
caso, de igual maneira, para superar a materia debe aprobar a parte de
prácticas e na proba das tres partes obter unha media igual ou superior a
5 sen que en ningunha das partes de obteña menos dun 4. Cando a nota
media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se chegou
ao 4, a nota que figurará será a de suspenso 4,5

Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000