Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Estrutura e patoloxía médica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
As metodoloxías docentes se impartirán, de ser necesario, adecuándoas ós medios
telemáticos que se poñan a disposición do profesorado, ademais da documentación
facilitada a través de FAITIC e outras plataformas, correo electrónico, etc.
Cando non sexa posible a docencia presencial, na medida do posible, primarase a
impartición dos contidos teóricos por medios telemáticos así como aqueles contidos de
prácticas de resolución de problemas, aula de informática, e outros, que poidan ser
virtualizados ou desenvolvidos polo alumnado de xeito guiado, intentado manter a
presencialidade para as prácticas experimentais de laboratorio, sempre que os grupos
cumpran coa normativa establecida no momento polas autoridades pertinentes en
materia sanitaria e de seguridade. No caso de non poder ser impartida de forma
presencial, aqueles contidos non virtualizables se impartirán ou suplirán por outros
(traballo autónomo guiado, etc.) que permitan acadar igualmente as competencias
asociados a eles.

As titorías poderán desenvolverse indistintamente de forma presencial (sempre que
sexa posible garantir as medidas sanitarias) ou telemáticas (e-mail e outros) respectando
ou adaptando os horarios de titorías previstos. Asemade, farase unha adecuación
metodolóxica ó alumnado de risco, facilitándolle información específica adicional, de
acreditarse que non pode ter acceso ós contidos impartidos de forma convencional.

Información adicional sobre a avaliación: manteranse aquelas probas que xa se veñen
realizando de forma telemática e, na medida do posible, manteranse as probas
presenciais adecuándoas á normativa sanitaria vixente. As probas se desenvolverán de
forma presencial salvo Resolución Reitoral que indique que se deben facer de forma
non presencial, realizándose dese xeito a través das distintas ferramentas postas a
disposición do profesorado. Aquelas probas non realizables de forma telemática se
suplirán por outros (entregas de traballo autónomo guiado, etc.)

Mantéñense os criterios de
avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por
indicación en Resolución Reitoral, ós medios telemáticos postos a disposición do
profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000