Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Fisioloxía xeral
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio. A asistencia a prácticas é obrigatoria. Ao finalizar as mesmas entregarase un informe de prácticas. 20 A1
A2
A3
A4
B3
C31
Exame de preguntas de desenvolvemento Un exame de preguntas obxectivas e de desenvolvemento en cada convocatoria.

Con obxecto de eliminar materia, realizarase un exame parcial ao longo do cuadrimestre.

Os exames supoñen o 80% da nota. Esíxese un mímino de 4 puntos (sobre 10) en cada exame para superar a materia.

Exame de preguntas obxectivas e preguntas de desenvolvemento en cada convocatoria. Avaliaranse os coñecementos adquiridos nas leccións maxistrais, formando parte do 80% da nota final das mesmas.
80 A1
A2
A3
A4
B3
D10
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia deberá realizar obrigatoriamente todas as actividades propostas. En caso de non realizar algunhas delas, a cualificación na mesma será 0 e como tal considerarase na nota final. Para poder superar a materia esíxese unha cualificación mínima no exame de 4. Os compoñentes da cualificación final manteranse na convocatoria de Xullo, e seguiranse os mesmos criterios que na convocatoria de Xuño.

Para os alumnos repetidores conservaranse dun curso para o seguinte as cualificacións das actividades (prácticas e seminario) superadas no curso anterior. Repetiranse só as actividades suspensas. Non se poden repetir as actividades xa superadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000