Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Fundamentos de electrónica para biomedicina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Unha asistencia mínima do 80%.
- Puntualidade.
- Preparación previa das prácticas.
- Aproveitamento da sesión.
- As sesións prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos. Os enunciados das prácticas estarán a disposición dos alumnos con antelación.
- Os alumnos contestarán nun conxunto de follas os resultados, que entregarán á finalización da práctica. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento.
20 C11
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá en dúas probas relacionadas con bloques temáticos. O primeiro
Realizarase, se é posible, por medios telemáticos e constará de preguntas tipo test, preguntas pechadas e problemas de análise con resposta numérica.
A segunda proba, escrita, individual e presencial, que se realizará ao final do cuadrimestre, nos horarios que estableza a dirección do centro, poderá consistir nunha combinación dos seguintes tipos de exercicios:
- Preguntas de opción múltiple.
- Preguntas de resposta curta.
- Problemas de análise.
- Resolución de casos prácticos.
Cada proba puntuarase entre 0 e 10 puntos, sendo a cualificación final a media ponderada das probas que superen os 3 puntos. É necesario acadar este mínimo (3 sobre 10) en cada una desas dúas probas.

Unha vez rematado o curso, as cualificacións obtidas nestas probas perden a súa validez.

SE FARÁN VARIAS PROBAS
80 B3
C11
D2
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONDICIÓN PARA SUPERAR: MÍNIMO TOTAL E MÍNIMO NAS PROBAS TEÓRICAS:

Para superar a materia o alumno deberá obter 5 puntos sobre 10, pero tamén na parte teórica é necesario ter obtido como mínimo unha nota de 3 sobre 10 en cada unha das dúas probas (primeira proba parcial -primeiro bloque de materia- e no exame final -segundo bloque de materia-) para o caso de avaliación continua. Para que esta limitación quede reflectida na nota, no caso dos alumnos que non cumpran o mínimo de 3 en ambas partes, a nota de teoría (80% da nota total) será o mínimo de 2,5 sobre 10 e a media da nota entre ambas as probas. Para esta media, a nota nunha proba na que o estudante non se presenta é cero. Ao aplicar este procedemento para o cálculo da nota de teoría, o resultado é que a esta nota se lle aplica un límite máximo de 2,5, para expresar que o alumno non cumpriu o requisito de ambos mínimos, aínda que teña unha media moi elevada entre ambas as probas. [Deste xeito, se o alumno alcanza a nota máxima nas prácticas, pero non cumpre o mínimo nambas probas teóricas, a nota máxima total que se pode obter limítase a 4 (2,5 x 0,80 + 10 x 0,20 = 4) ].

Recomendacións: O alumnado poderá consultar calquera dúbida relacionada coas actividades asignadas ao grupo de traballo ao que pertence ou sobre a materia vista nas horas presenciais nas horas de titoría ou a través dos medios relacionados no apartado de Atención ao Alumnado. .

O alumnado deberá cumprir inescusablemente os prazos establecidos para as distintas actividades.

Nas distintas probas recoméndase aos alumnos que xustifiquen todos os resultados que acaden.

Á hora de puntualas non se dará ningún resultado por suposto e terase en conta o método empregado para chegar á solución proposta.

Recoméndase, na presentación dos distintos exercicios, non presentar faltas de ortografía e caracteres ou símbolos ilexíbeis, porque afectarán á puntuación final.

Non se poderán utilizar notas durante as probas e os teléfonos móbiles deberán estar apagados e, só no caso de que se autorice previamente, poderán utilizarse notas ou outro material de apoio.

Pautas de mellora e recuperación:

No caso de que algún alumno/a non supere a materia en primeira convocatoria, disporá dunha segunda convocatoria no presente curso académico.

A cualificación final correspondente a esta segunda convocatoria obterase como resultado de sumar as seguintes notas:

1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio en primeira convocatoria, cun peso do 20% da nota final.

2.- A nota obtida na avaliación da proba escrita individual e presencial. A proba avaliará os contidos de toda a materia. O peso desta nota é do 80% da nota final.

Para superar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha puntuación final igual ou superior a 5 puntos.

Despois de rematar este curso académico. perden validez as notas obtidas nas avaliacións dos bloques temáticos e a nota obtida na avaliación do exame final.

As cualificacións obtidas nas avaliacións prácticas manteranse durante os dous cursos académicos seguintes ao curso en curso, salvo que o alumno desexe repetilas.

Avaliación do alumnado que renuncie á avaliación continua:

Os alumnos que teñan concedida oficialmente polo centro a renuncia á avaliación continua, terán que realizar unha proba escrita similar á proba individualizada de resposta longa e unha proba práctica de laboratorio. Ambas as probas terán unha puntuación máxima de 10 puntos. A nota final será a media ponderada, segundo o estipulado (80% - 20%), das notas das dúas probas. Para aprobar a materia será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. A proba escrita realizarase ao final do cuadrimestre, nos horarios que estableza a dirección do centro. A proba práctica en data próxima á anterior e que se proporá en función da dispoñibilidade dos laboratorios.

Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota global do presente curso académico será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000