Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Bioquímica e bioloxía celular
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Exame das prácticas de laboratorio. 20
Exame de preguntas obxectivas Exame teórico final da materia con preguntas de tipo test e de resposta curta. 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia ás clases teóricas e prácticas é obrigatoria, salvo falta debidamente xustificada.

A materia aprobarase ao obter unha cualificación igual ou maior que un 5 como nota final, obtida da seguinte forma: 


- Prácticas: as prácticas avaliaranse de forma global no exame final sobre 2 puntos (20%). 

- Teoría: a teoría avaliarase nun exame final (exame con preguntas de tipo test e de resposta curta) sobre 8 puntos (80%), a realizar nas datas previstas, segundo estableza a escola, en xaneiro (primeira edición) e xullo (segunda edición). 

Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación recollida no RD 1125/2003 de setembro, BOE de 18 de setembro. 

Para aprobar a materia hai que superar o 40% tanto da parte teórica como da parte práctica. Pola contra, a nota final será o resultado de multiplicar a nota total obtida (teoría + prácticas) por 0,5. 

No caso de que a valoración final da materia non alcance o aprobado (5 puntos), pero si algunha das partes (teoría ou prácticas), manterase esa puntuación para a segunda oportunidade de exame (xullo). 

Os alumnos repetidores doutros anos deberán realizar todas as actividades de aula e de laboratorio, das que serán avaliados. 

*Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000