Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Química: Química
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determinen, atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Mantéñense todas as metodoloxías docentes previstas na guía docente inicial, coa excepción de que, se as clases non se puidesen impartir de forma presencial, estas impartiríanse a través das aulas do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Se as prácticas de laboratorio non se puidesen desenvolver de forma presencial, a través das aulas do Campus Remoto da Universidade de Vigo, explicarase o contido teórico das prácticas, proporcionaranse uns vídeos, gravados polo profesorado, para que o estudante poida ver o desenvolvemento da práctica que tería que realizar, e proporcionaráselle ao alumnado uns datos experimentais, para que con eles poida cumprimentar o correspondente informe de prácticas de laboratorio.
As titorías poderanse leva a cabo en diferentes modalidades: de forma presencial, por correo electrónico ou a través dos despachos de cada profesor no Campus Remoto da Universidade de Vigo.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Modificación das probas de avaliación, para adaptalas a unha situación extraordinaria:
a) Resolución de problemas de forma autónoma: Estas probas de avaliación continua, onde o alumno deberá entregar periodicamente os problemas ou exercicios formulados polo profesor, aumenta o seu peso na cualificación, pasando dun 10% a un 30%.
b) Resolución de problemas e/ou exercicios: O exame final de problemas, que se realizará nas datas oficiais fixadas pola EEI, reduce o seu peso na cualificación final, pasando dun 40% ao 20%. A proba cualificarase, segundo a lexislación vixente, cunha nota final numérica comprendida entre 0 e 10.
c) Exame de preguntas obxectivas: O exame final de teoría, que se realizará, en formato tipo test, nas datas oficiais fixadas pola EEI, reduce o seu peso na cualificación final, pasando dun 40% ao 20%. A proba cualificarase, segundo a lexislación vixente, cunha nota final numérica comprendida entre 0 e 10.
d) Informe de prácticas: A cualificación das prácticas mantén un peso do 10% na cualificación final.
e) Resolución de cuestionarios de teoría de forma autónoma: Engádense estas novas probas de avaliación continua, onde o alumnado deberá realizar periodicamente cuestionarios tipo test de teoría, que terán un peso do 20% na cualificación final.

Nas dúas convocatorias, dada a situación excepcional, que pode provocar que unha parte do alumnado non poida realizar algunhas das probas da avaliación continua, utilizarase a cualificación máis favorable para cada estudante das obtidas mediante estes dous procedementos de ponderación:
a) Nota final = exame teoría *x 0.2 + exame de problemas *x 0.2 + avaliación continua problemas *x 0.3 + avaliación continua teoría *x 0.2 + prácticas *x 0.1
b) Nota final = exame teoría *x 0.5 + exame de problemas *x 0.5

Para superar a materia, en ambos os sistemas de ponderación, será necesario obter unha cualificación superior ou igual a 4.0 tanto no exame final de teoría coma no exame de problemas.

Para a segunda convocatoria mantéñense as cualificacións de avaliación continua obtidas ao longo do curso, así como as cualificacións iguais ou superiores a 5.0 das probas tipo test ou de problemas obtidas na primeira convocatoria.

Aqueles estudantes que obteñan oficialmente a renuncia á avaliación continua realizarán, na data oficial de exames das dúas convocatorias, un exame de problemas e unha proba tipo test de teoría, que se ponderan nun 50% cada unha na súa cualificación final, sendo necesario obter unha cualificación superior ou igual a 4.0 en cada exame.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000