Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Física: Física II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
--

* Metodoloxías docentes que se modifican
Todas as metodoloxías (lección maxistral, resolución de problemas e prácticas de laboratorio): na modalidade mixta a actividade docente realizarase combinando docencia presencial con non presencial empregando o Campus Remoto, utilizando tamén a plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo. Na modalidade non presencial a actividade docente realizarase mediante Campus Remoto, utilizando tamén a plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo. Si fose necesario, poderíanse utilizar outros medios e metodoloxías complementarias para garantir a accesibilidade dos estudantes aos materiais e recursos docentes da materia.
Prácticas de laboratorio: na modalidade mixta, as actividades de manexo de equipos e toma de datos por parte do alumnado sufrirán limitacións e serán substituídas en gran medida por demostracións no propio laboratorio realizadas por persoal docente, as cales serán presenciadas polos alumnos presentes no laboratorio e accesibles a o resto do alumnado por medios telemáticos. As actividades de tratamento de datos non esixen o manexo de equipos e poden desenvolverse fora do laboratorio (nunha aula, no domicilio, etc.) e poderán realizarse tanto polos alumnos presentes no laboratorio como polos que seguen a clase telemáticamente. Na modalidade non presencial, as clases manteranse pero desenvolveranse integramente por medios telemáticos. As actividades de manexo de equipos e toma de datos por parte do alumnado serán substituídas na súa totalidade por demostracións realizadas por persoal docente e/ou material audiovisual específico.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán realizarse indistintamente de forma presencial (sempre que sexa posible garantir as medidas sanitarias) ou telemática, ben de forma asíncrona (correo electrónico, foros de FAITIC, etc.) ou mediante videoconferencia, neste caso mediante cita previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
--

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
--

* Outras modificacións
--

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
--

* Probas pendentes que se manteñen
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
Exame final, parte P 40%, mantén o peso.
Exame final, parte T 20%, mantén o peso.

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
ECA 20%, tipos de probas: poderá comprender exame de preguntas obxectivas, exame de preguntas de desenvolvemento => ECA 20%, tipos de probas: poderá comprender exame de preguntas obxectivas, exame de preguntas de desenvolvemento, resolución de problemas e/ou exercicios.
ECL 20%, tipos de probas: poderá comprender exame de preguntas de desenvolvemento, informe de prácticas 10% => ECL 20%, tipos de probas: poderá comprender exame de preguntas de desenvolvemento, resolución de problemas e/ou exercicios, informe de prácticas 10%.

* Novas probas
--

* Información adicional
--
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000