Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10 B3
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. De este xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 50 B3
C2
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 30 B3
C2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.

10 B3
C2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA
(EC)



Inclúe a cualificación
ECA sobre os contidos de aula, cun peso do 80% da cualificación final, e a
cualificación ECL sobre os contidos de laboratorio, cun peso do 20% da
cualificación final: EC = ECA (80%) + ECL (20%).



A cualificación ECA
obterase na oportunidade ordinaria mediante probas teórico-prácticas que se
realizarán durante o curso, cun peso do 40% da cualificación final
(cualificación ECC1), e unha proba final teórico-práctica, cun peso do 40% da
cualificación final (cualificación ECF1). A oportunidade extraordinaria seguirá
unha composición igual á ordinaria de xeito que haberá dúas probas
teórico-prácticas, ECC2 e ECF2, equivalentes en contidos e metodoloxía de
avaliación (preguntas obxectivas, de desenvolvemento e problemas) a ECC1 e ECF1
respectivamente.



A cualificación ECL
obterase mediante informes de prácticas, cun peso do 10% da cualificación final
(cualificación ECLI), e probas teórico-prácticas, cun peso do 10% da
cualificación final (cualificación ECLE). Para obter a cualificación ECL será
necesario ter asistido a todas as sesións de laboratorio. En caso contrario, a
cualificación ECL será 0,0.



Cualificación final EC
da materia para a modalidade de avaliación continua:



- Oportunidade
ordinaria: EC = ECC1 (40%) + ECF1 (40%) + ECLI (10%) + ECLE (10%).



- Oportunidade
extraordinaria: EC = ECC2 (40%) + ECF2 (40%) + ECLI (10%) + ECLE (10%).



Na oportunidade
extraordinaria, en cada parte ECC2 e ECF2 o estudante poderá optar entre manter
a súa anterior cualificación da mesma parte, ECC1 e EFC1 respectivamente, ou
realizar o exame para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.

 



2. AVALIACIÓN GLOBAL
(EG)



Aqueles estudantes que
teñan concedida a renuncia á avaliación continua terán a posibilidade de
realizar un exame global escrito para obter unha cualificación EG que terá un
peso do 100% da cualificación final e que incluirá as seguintes partes: unha
parte teórico-práctica sobre contidos de aula, cun peso do 80% da cualificación
final (cualificación que denominaremos EGA1 na oportunidade ordinaria e EGA2 na
extraordinaria), e unha parte teórico-práctica sobre contidos de laboratorio,
cun peso do 20% da cualificación final (cualificación que denominaremos EGL1 na
oportunidade ordinaria e EGL2 na extraordinaria).



Cualificación final EG
da materia para a modalidade de avaliación global:



- Oportunidade
ordinaria: EG = EGA1 (80%) + EGL1 (20%).



- Oportunidade
extraordinaria: EG = EGA2 (80%) + EGL2 (20%).



Na oportunidade
extraordinaria, en cada parte EGA2 e EGL2 o estudante poderá optar entre manter
a súa anterior cualificación da mesma parte, EGA1 e EGL1 respectivamente, ou
realizar o exame para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.

 



3. AVALIACIÓN DE FIN DE
CARREIRA (FC)



A avaliación da
convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema que a avaliación
global  EG.



Cualificación final FC
da materia na convocatoria de fin de carreira:



FC = FCA (80%) + FCL
(20%).

 



4. NORMAS XERAIS



Para superar a materia
é condición necesaria e suficiente ter obtido unha cualificación final superior
ou igual a 5,0 nunha escala de 0 a 10.



Dentro das
especificacións detalladas nos apartados anteriores, as probas e exames poderán
ter diferentes variantes dentro dun mesmo grupo de aula ou de laboratorio.



Compromiso ético:
Espérase que o alumno mostre un comportamento ético axeitado. No caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final
na oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).



Non se permitirá a
utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non
autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da
materia e a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente
será de suspenso (0,0).

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000