Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderán incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e desenvolvemento de casos prácticos. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 posibles para poder superar a materia. 65 B1
B3
C5
D2
D9
Práctica de laboratorio Ao longo do cuadrimestre, en determinadas sesións de resolución de problemas e exercicios exporanse problemas ou exercicios para a súa resolución polos alumnos e posterior entrega ao profesor, que os avaliará de acordo cos criterios que con anterioridade se comunicaron aos alumnos. 35 B1
C5
D2
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En segunda convocatoria se realizará ao alumno unha proba
teórico-práctica para evaluar o sue grao de adquisición de competencias,
de características análogas ao examen final, no que para supera-la
asignatura será necesario alcanzar unha calificación mínima de 5,0 puntos
sobre 10 posibles.


Compromiso
ético:

Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético
(copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0). 
Non se permitirá a utilización de ningún
dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización
expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na
aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente
curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000