Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistemas motopropulsores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de: cuestións teóricas, cuestións prácticas, resolución de exercicios/problemas, tema a desenvolver, etc. 30 B4
B5
B6
B7
B11
D2
D7
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Traballos no que o alumno empregará os coñecementos e ferramentas adquiridos durante o curso.
30 B4
B5
B6
B7
B11
D2
D7
D9
D10
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita de resolución de problemas e/ou exercicios dos contenidos vistos ó longo da materia. 40 B4
B5
B6
B7
B11
D2
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua – Primeira oportunidade 

Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas escritas parciais (P1 e P2) que cubrirán os contidos teóricos das clases maxistrais. Cada un deles representará o 30% da nota da materia (60% en total). Os contidos teóricos avaliados en P1 non serán avaliados en P2.
Na data oficial do exame da materia (E1), realizarase unha proba escrita que abordará a resolución de problemas dos contidos vistos ó longo do cuadrimestre. Esta proba representará o 40% da nota da materia.
A nota final calcularase como: P1+P2+E1 

Avaliación continua – Segunda oportunidade 

O exame de segunda oportunidade (E2) consistirá nunha proba escrita, cunha puntuación do 100%, na que se abordarán os contidos teóricos das clases maxistrais e a resolución de problemas dos contidos vistos ó longo da materia. 

Avaliación global


O alumno que solicite oficialmente a renuncia á avaliación continua terá dereito a unha proba global (EG), escrita, cunha puntuación do 100%, na que se avaliarán os contidos teóricos e a resolución de problemas vistos ó longo do curso. en idénticas proporcións á avaliación continua. Dita proba realizarase na data oficial do exame.

Por acordo da Comisión Permanente da Escola de Enxeñaría Industrial, celebrada o 12 de xuño de 2015: Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non
ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico
será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000