Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistema para o deseño e desenvolvemento do produto
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Presentación do tema por parte do profesor. Intervención e participación activa dos estudantes. 0 B1
Prácticas en aulas informáticas Aspectos concretos do traballo. Creación e manipulación de modelos. Análise, síntese, avaliación e simulación 0 D2
D8
D9
D10
D14
D17
Traballo tutelado Traballo a realizar durante o curso, individual ou en grupo, sobre o deseño e desenvolvemento dun produto 0 D2
D5
D8
D9
D10
D14
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios (T) Exame tipo test sobre do temario impartido ao longo do curso (40%).

(TrT) Traballo teórico sobre dalgún tema curto ou aspecto concreto, a redactar e presentar (10%).
50 B1
D2
D9
Informe de prácticas (P) Informes de prácticas e partes do traballo entregarán, revisarán e avaliarán periódicamente 15 D10
D17
Traballo (TrP) Traballo sobre o desenvolvemento dun produto, a desenvolver durante as sesión prácticas con apoio das titorías. 35 D5
D8
D9
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada parte cualificarase sobre 10. O aprobado por curso lógrase ao superar todas as partes. En caso de non superar algunha, gárdanse as partes aprobadas para a segunda convocatoria. Na vía do exame final, de teoría e práctica, para quen non superen a avaliación continua, cualificarase sobre 8 puntos.

Obtense a cualificación final por curso (CT) do modo seguinte:

CT = T*0,4+TrT*0,10+P*0,15+TrP*0,35

T=Exame de teoría, preguntas obxectivas curtas, TrT=Informes/memorias/exposicións ou traballos curtos presentados na clase, P=Entregas prácticas periódicas, TrP=Traballo/proxecto de desenvolvemento dun produto a entregar ao final do curso.

O aprobado por curso, pola vía de avaliación continua, acádase obtendo unha cualificación total (CT) igual ou superior a 5 puntos, de acordo coa fórmula anterior, sempre que en cada parte se acade polo menos o 40% da súa respectiva valoración máxima.

As partes superadas (nota>=5) conservaranse ata a convocatoria do mes de xullo.

Na data sinalada polo centro realizarase o exame final para quen non seguisen o sistema de avaliación continua, que comprenderá tanto á parte teórica (50%) como á práctica (50%). A cualificación obtida será a nota do curso, neste caso. 

Espérase
que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos
non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000