Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistema para o deseño e desenvolvemento do produto
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral 0
Prácticas en aulas de informática 0
Traballos tutelados 0
Probas de resposta curta (T) Sobre da teoría impartida ao longo do curso 40 B1
D2
D9
D16
Informes/memorias de prácticas (I) Informes de prácticas que se revisarán periódicamente 10 D1
D10
D17
Outras (A) Presencia e participación activa nas clases, tanto de teoría como de práctica. 15 D2
Traballos e proxectos (TrP) Traballo sobre o desenvolvemento dun produto, a desenvolver durante as sesión prácticas con apoio das titorías. 35 D1
D5
D6
D8
D9
D13
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada parte cualificarase sobre 10. O aprobado por curso lógrase ao superar todas as partes. En caso de non superar algunha, gárdanse as aprobadas para a segunda convocatoria.
A vía do exame final, de teoría e práctica, para quen non superen a avaliación continua, cualificarase sobre 8 puntos.

Obtense a cualificación final por curso (CT) do modo seguinte:

CT = T*0,4+I*0,10+P*0,15+TrP*0,35

T=teoría, I=Informes/memorias, P=Probas prácticas e/ou de aspectos concretos, TrP=Traballo/proxecto de desenvolvemento dun produto.

O aprobado por curso, pola vía de avaliación continua, tamén se logra obtendo unha cualificación total (CT) igual ou superior a 5 puntos, de acordo coa fórmula anterior, sempre que en cada parte se alcance polo menos o 40% da súa respectiva valoración máxima.

As partes superadas (>=5) conservaranse ata a convocatoria do mes de xullo.

Na data sinalada polo centro realizarase o exame final para quen non seguisen o sistema de avaliación continua, que comprenderá tanto á parte teórica (50%) como á práctica (50%). A cualificación obtida será a nota do curso, neste caso.

Espérase
que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos
non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000