Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Deseño e comunicación de produto e automatización de elementos en planta
   Contidos
Tema Subtema
PRIMEIRO BLOQUE - DESEÑO E COMUNICACIÓN DE PRODUTO -
1. O deseño 1.1. Concepto. Tipos de deseño. Deseño de produto.
1.2. Evolución histórica. Tendencias actuais.
1.3. O deseño no seu ámbito xeográfico.
1.4. Teorías sobre o deseño. Análise comparativa.
2. Metodoloxías de Deseño e Técnicas para o Deseño por Factores (DfX) 2.1. O proceso de deseño
2.2. Principais enfoques de deseño.
2.2.1. Metodoloxías.
2.2.2. Analoxías e diferenzas.
2.2. Deseño para manufactúraa e a ensamblaxe (DfMA)
2.2.1. Características.
2.2.2. Metodoloxía.
2.2.3. Guías.
3. Enxeñaría inversa 3.1. Concepto
3.2. Técnicas e métodos para a obtención de datos.
3.3. Ferramentas para a manipulación de datos.
3.4. Aplicacións.
4. A Estética no deseño 4.1. Fundamentos da estética
4.2. Factores que inflúen na estética
4.2.1. A cor no deseño
4.2.2. A forma e a proporción
4.3. Aspectos no deseño para que sexa máis estético
5. Fundamentos biomecánicos do deseño ergonómico 5.1. Introdución á Enxeñaría Biomecánica.
5.2. Biomecánica do óso e da columna lumbar.
5.3. Ergonomía.
5.4. Factores biomecánicos que inflúen no deseño.
5.5. Factores ergonómicos a ter en conta no deseño.
6. Deseño ergonómico de produtos e procesos 6.1. Ergonomía de produto.
6.2. Ergonomía do posto de traballo.
6.3. Deseño para a prevención de lesións ergonómicas no posto de traballo.
6.4. Deseño para a prevención de lesións no manexo de cargas.
7. Presentación, comunicación e promoción do produto 7.1. A Comunicación do produto industrial.
7.2. A comunicación na empresa. Identidade Corporativa.
7.3. Tecnoloxías para a comunicación e promoción do produto.
7.4. Presentación do produto. Etiquetaxe e envase.
7.5. A distribución. O packaging.
8. Protección industrial dos deseños 8.1. Patentes. Modelos de utilidade. Marcas.
8.2. Patente nacional, europea e internacional.
8.3. Procedemento para a obtención de patentes. Pasos e requisitos.
8.4. A Oficinal Española de Patentes e Marcas.
8.5. O Boletín Oficial da Propiedade Industrial.
PRÁCTICAS DO PRIMEIRO BLOQUE
Deseño e comunicación dun produto industrial, a realizar durante as sesións de prácticas.
Deberase documentar o proceso de deseño seleccionando unha metodoloxía reitora adecuada. Comezarase co proceso de xeración e selección de alternativas de deseño, continuando coa creación de modelos e prototipos virtuais, documentación técnica de fabricación, elaboración de prototipos físicos e deseño da comunicación do produto industrial final.
Secuencia de actividades:
1. Definición de obxectivos e elección do traballo a realizar. Selección da metodoloxía de deseño a empregar.
2. Definición de necesidades de usuario e requirimentos técnicos.
3. Identificación de funcións a desenvolver e requisitos do produto. Análise funcional do mesmo.
4. Elaboración de modelos virtuais. Compoñentes e ensamblaxe
5. Elaboración do prototipo físico.
6. Deseño dunha campaña de comunicación adecuada ao produto.
7. Entrega da documentación e presentación.
SEGUNDO BLOQUE - AUTOMATIZACIÓN DE ELEMENTOS EN PLANTA -
1. Deseño e implantación de sistemas automáticos. (3 horas)
1.1.- Normativa seguridade de máquinas.
1.2.- Percorrido pola normativa.
1.3.- Modos de funcionamento.
1.3.1.- Organizacións características: 3 e 4 estados.
1.3.2.- Seguridades nos modos manuais.
1.3.3.- Outros modos.
1.3.4.- Outros aspectos relevantes na xestión de modos
2. Transductores e Accionamientos.
(6 horas)
2.1.- Transductores.
2.1.1.- Características básicas.
2.1.2.- Clasificación segundo a magnitude física a medir.
2.2.- Dispositivos de actuación.
2.2.1.- Accionamientos e pre-accionamientos eléctricos.
2.2.2.1.- Variadores de frecuencia
2.2.2.- Accionamientos e pre-accionamientos pneumáticos.
2.3.- Automatismos básicos cableados.
2.3.1.- Automatismos pneumáticos e hidráulicos.
2.3.2.- Automatismos electromecánicos.
2.4.- Reguladores industriais.
3. Modelado de automatismos.
(4 horas)
3.1.- Grafos de estados.
3.2.- Ampliación de Redes de Petri.
3.2.1.- Modelado de sistemas complexos.
3.2.2.- Concorrencia.
3.2.3.- Sincronización de tarefas.
3.2.4.- Modularidad.
4. Automatización mediante autómatas programables industriais. (3 horas) 4.1.- Tipos de automatización
4.2.- Elementos necesarios para automatizar
4.3.- Motivos para automatizar
4.4.- Estratexias de automatización
4.5.- Sistemas de cableado
5. Programación de autómatas. Linguaxes normalizadas. (4 horas) 5.1.- Linguaxes normalizadas
5.2.- Diagrama funcional de secuencias (SFC)
5.2.1.- Etapas. Transicións.
5.2.2.- Ramas alternativas. Saltos. Ramas simultáneas.
5.3.- Conceptos avanzados de SFC.
5.3.1.- Denominación das etapas.
5.3.2.- Accións asociadas a etapas. Accións condicionadas.
5.3.3.- Eventos e accións asociadas.
5.3.4.- Temporizaciones e contaxes.
6. Integración de Tecnoloxías. (6 horas)
6.1.- Integración
6.2.- Comunicacións industriais.
6.3.- Xerarquía de procesos.
6.4.- Xerarquía de redes industriais: Buses de campo.
6.5.- Sistemas de interfaz Home-Máquina.
6.5.1- Terminais de operador.
PRÁCTICAS DO SEGUNDO BLOQUE
P1. Implantación dun sistema automático (2 horas) Aplicación da normativa e modos de funcionamento.
P2. Variadores de frecuencia (2 horas) Posta en funcionamento dun accionamiento baseado nun variador de frecuencia.
P3. Modelado de automatismos (2 horas) Implantación dun sistema modelado mediante unha rede de Petri cun autómata programable.
P4. Cableado (2 horas) Cableado dun sistema automático baseado nun autómata programable.
P5. Modelado normalizado (2 horas) Implementación dun controlador programable utilizando ferramentas normalizadas de programación de autómatas.
P6. Buses de campo (2 horas) Parametrización dun variador a través dun bus de campo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000