Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Instalacións térmicas e de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios propostos, incluíndo:
-entregas semanais (non presencial)
-resolución presencial en horario de prácticas
70 B4
B5
B6
B7
B11
C7
C21
D2
D9
D15
Traballo Exposición de proxectos e traballos. 30 B5
C21
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A/O alumna/o poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global
ou Continua) dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola
escola ou o coordinador da materia, e en calquera caso de acordo á normativa
vixente.

Modalidade Avaliación Continua

No calculo da cualificación final, consideraranse catro bloques de
avaliación que consistirán e terán os seguintes pesos:

·      
Proxecto
ou traballo. Parte de Instalacións Térmicas, peso 15%. Proba consistente en
elaboración dun traballo ou proxecto con exposición oral a realizar ao longo do
curso.

·      
Proxecto
ou traballo. Parte de Instalacións de Fluidos, peso 15%. Proba consistente en
elaboración dun traballo ou proxecto con exposición oral a realizar ao longo do
curso.

·      
Proba
final de avaliación continua (reválida). Parte de Instalacións Térmicas, peso: 35%.
Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de
exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios
tipo test.

·      
Proba
final de avaliación continua (reválida). Parte de Instalacións de Fluidos,
peso: 35%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo
resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír
cuestionarios tipo test.

Para que a nota cada un dos bloques de avaliación compute, deberá ter unha
puntuación superior ao 40% da puntuación da mesma, para a súa valoración.

No caso de que a suma das diferentes probas de avaliación continua sexa
unha nota superior a 5, pero non se acade a nota mínima requerida en algunha
das probas, a calificación obtida será de 4 puntos.

Modalidade Avaliación Global

Farase un exame final na data oficial aprobada en xunta de escola,
puntuación máxima: 100%

Segunda oportunidade

Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a
mesma metodoloxía que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de
avaliación final para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final
para o itinerario seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación
continua, por tanto, gárdase a notas das probas e dos traballos ou proxectos.

Compromiso ético: espérase que o alumno presente uncomportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento nonético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, eoutros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios parasuperar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académicoserá de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000