Para a parte de Topografía e Construcción, valorarase positivamente a participación nas clases teóricas, e será obligatoria a asistencia as clases prácticas. A realización das prácticas e entrega dos informes das mesmas, formará parte do proceso de avaliación continua do alumno. Na outra sección (Instalacións Eléctricas) non será necesario a entrega de informes das prácticas, posto que éstas serán valoradas nuha parte do examen final. O exame final constará de duas seccións, unha correspondente a parte de Topografía e Construcción, e outra os contidos de Instalacións Eléctricas. Ambas partes incluirán cuestións teóricas e exercicios de aplicación. Cada sección será avaliada de 0 a 10 puntos, obténdose a calificación final a partir do valor promedio. Será necesario un mínimo de 4 puntos en cada unha das partes para poder superar a materia.
Na parte de Topografía, a calificación das prácticas superadas gardarase para as convocatorias de ese mesmo curso académico.
•
"Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético
axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0)." |