Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Instalacións eléctricas, topografía e construción
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS

1- Metodoloxías docentes que se manteñen
- Lección maxistral
- Resolución de problemas
- Prácticas con apoio das TIC

2- Metodoloxías docentes que se modifican
- Prácticas de laboratorio: sustituiríanse por vídeos explicativos e a utilización de programas de simulación
- Saídas de estudo: sustituiríanse por vídeos explicativos

3- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
- As sesións de tutorías poden realizarse por medios telemáticos: correo electrónico, foros de MooVi, ...etc ou videoconferencia baixo a modalidade de concertación previa.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

As probas de avaliación manteríanse co mesmo formato e cos mesmos pesos, realizándose estas cos medios telemáticos proporcionados pola Universidade de Vigo. No caso das prácticas de laboratorio valorarase positivamente a asistencia ás actividades sustitutivas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000