Guia docente 2015_16
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Deseño mecánico asistido
   Competencias
Código Descrición
CG1 CG1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, na especialidade de Mecánica, que teñan por obxecto, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización.
CG3 CG3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG4 CG4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e capacidade para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial na especialidade de Mecánica.
CG5 CG5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos.
CG6 CG6 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG9 CG9 Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
CG10 CG10 Capacidade para traballar nun medio multilingüe e multidisciplinar.
CG11 CG11 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
CE19 CE19 Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas de enxeñaría gráfica.
CE20 CE20 Coñecementos e capacidades para o cálculo, deseño e ensaio de máquinas.
CT2 CT2 Resolución de problemas.
CT3 CT3 Comunicación oral e escrita de coñecementos na lingua propia.
CT6 CT6 Aplicación da informática no ámbito de estudo.
CT9 CT9 Aplicar coñecementos.
CT10 CT10 Aprendizaxe e traballo autónomos.
CT16 CT16 Razoamento crítico.
CT17 CT17 Traballo en equipo.
CT20 CT20 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000