Guia docente 2019_20
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría de fabricación e calidade dimensional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Esta proba valora os coñecementos adquiridos nas clases de aula e de prácticas e o traballo persoal do alumno a estas asociado.
Resultados de aprendizaxe:
- Coñecer a base tecnolóxica e aspectos básicos dos procesos de fabricación.
- Comprender os aspectos básicos dos sistemas de fabricación
- Adquirir habilidades para a selección de procesos de fabricación e elaboración da planificación de fabricación
- Aplicación de tecnoloxías CAQ
25 B3
B8
C26
D2
D8
D9
D10
D17
D20
Informe de prácticas Os informes ou memorias de prácticas servirán para a avaliación, só se o alumno opta pola avaliación continua e, sempre que sexa na primeira convocatoria, tal como explícase na sección outros comentarios.

Resultados de aprendizaxe:
- Adquirir habilidades para a selección de procesos de fabricación e elaboración da planificación de fabricación
- Desenvolver habilidades para a fabricación de conxuntos e elementos en contornas CADCAM
- Aplicación de tecnoloxías CAQ
20 B3
B8
C26
D2
D8
D9
D10
D17
D20
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas obxectivas de avaliación do proceso de aprendizaxe a través da formulación de problemas e/ou exercicios de aplicación para que o estudante desenvolva de forma teórico-práctica solucións adecuadas a cada problema e/ou exercicio exposto.
Resultdos do parendizaxe:
- Coñecer a base tecnolóxica e aspectos básicos dos procesos de fabricación
- Adquirir habilidades para a selección de procesos de fabricación e elaboración da planificación de fabricación
Aplicación de tecnoloxías CAQ
55 B3
B8
C26
D2
D8
D9
D10
D17
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo elecrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

PRIMEIRA CONVOCATORIA: Os alumnos poden optar entre dous sistemas de avaliación:

A.- Sen Avaliación Continua.

A avaliación baséase nun Exame Final que consta de dous partes (a+b):
a.- Test de ata 20 preguntas, que poden ser tanto da parte de docencia de aula como da de prácticas. O test pode incluir preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos,…). Os erros no test restan a probabilidade de acertar (é dicir, se unha pregunta do test é de elección múltiple e resposta única nas que son catro respostas posibles, o erro restaría 1/4 do valor da pregunta, e desa maneira nos outros diferentes tipos de posibles preguntas). O valor do test é do 35% do exame
b.- Problemas e/ou exercicios que poden ser tanto da parte de docencia de aula como de prácticas. O valor desta parte do exame é do 65%

B.- Avaliación Continua. Consta de dúas partes:
a.- Exame (8 puntos sobre 10 do total da materia) que consta tamén de dúas partes: Test (2,5 puntos sobre 8 do total do exame) dun máximo de 20 preguntas, que poderán ser da parte de docencia de aula ou das prácticas. O test pode incluir preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos,…). Os erros no test restan a probabilidade de acertar (é dicir, se unha pregunta do test é de elección múltiple e resposta única nas que son catro respostas posibles, o erro restaría 1/4 do valor da pregunta, e desa maneira nos outros diferentes tipos de posibles preguntas). Resolución de problemas e/ou exercicios (5,5 puntos sobre 8 do total do exame), que poderán ser da parte de docencia de aula ou das prácticas.

b.- Xustificación de Prácticas a través de memoria ou informe das mesmas (2 puntos sobre 10 do total da materia).

Para aprobar a materia deberase obter unha cualificación mínima do 40% en cada parte avaliable, é dicir: Para o caso A: débese obter tanto no test como na parte de problemas un mínimo de 4, se se valora sobre 10 cada unha desas partes do exame. Se non se supera ese mínimo en cada parte o alumno non poderá obter máis dun 4.9 na cualificación global final. Para o caso B: débese obter una cualificación mínima de 4 en cada unha do tres partes avaliables: prácticas, test e problemas/exercicios. Se o estudante non alcanza o mínimo de 4 sobre 10 en cada parte avaliable non poderá obter máis dun 4.9 na cualificación global final de toda a materia.

SEGUNDA E POSTERIORES CONVOCATORIAS
Na segunda convocatoria e en posteriores convocatorias, neste último caso nas que se avalíe a docencia impartida no curso inmediatamente precedente, o Sistema de Avaliación limítase, únicamente, á opción A das explicadas no caso da Primeira convocatoria. Non se recoñecerá, en todo caso, ningún contido ou parte da materia avaliado em cursos precedentes.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000