Guia docente 2019_20
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría de fabricación e calidade dimensional
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio As clases prácticas de laboratorio realizaranse en grupos de 20 alumnos máximo, e empregando os recursos dispoñibles de máquinas, equipamento e instrumentos, combinándose coas simulacións e análises realizadas con computador dentro das prácticas en aulas de informática.

Nota.- Debido ao orzamento concedido á área de enxeñaría de procesos de fabricación, as prácticas de laboratorios poderían ter que ser substituídas por clases de resolución de problemas en lousa se non existisen medios suficientes ou adecuados
Prácticas en aulas informáticas As práctias en aulas de informática realizaranse en grupos de 20 alumnos máximo e empregando os recursos dispoñibles de equipos e software, combinándoas coas experiencias de taller das prácticas de laboratorio.

Nota.- Se non se atendese a solicitude de renovación do software "Production Module" por falta de orzamento, as prácticas relacionadas con este software poderán ser substituídas por clases de resolución de problemas en lousa.
Lección maxistral As clases teóricas realizaranse combinando as explicacións de lousa co emprego de transparencias,
vídeos e presentacións de computador. A finalidade destas é complementar o contido dos apuntamentos, interpretando os conceptos nestes expostos mediante a mostra de exemplos e a realización de exercicios.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000