Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Teoría de estruturas e construcións industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Aos alumnos que teñan unha nota en exame maior ou igual ao 40% da cualificación máxima posible no mesmo, sumaráselles a nota obtida no traballo. Os traballos puntuaranse en función da súa calidade sobre unha nota máxima de 1 punto sobre 10. 10 B3
B4
B5
B6
B11
C23
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D10
D13
D16
Prácticas de laboratorio Aos alumnos que obteñan alomenos o 45% da nota do exame, ou ben sumen alomenos 4’7 puntos sobre 10 entre a nota do exame e a puntuación do traballo (ver requisitos en apartado seguinte), sumaranse 0'5 puntos adicionais se asistiron e participaron en todas as prácticas, e entregaron a documentación que se lles solicitou no seu caso nas mesmas. Adicionalmente, aos alumnos que cumpran un ou otro dos requisitos anteriores E QUE ADEMAIS ENTREGUEN TODOS OS PROBLEMAS PROPOSTOS PARA RESOLVER NA CASA, SUMARÁNSELLES OUTROS 0'5 PUNTOS Á NOTA. 10 B3
B4
B5
B6
B11
C23
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D10
D13
D16
D17
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito nas datas establecidas polo centro.
O exame poderá estar dividido en partes de TEORÍA-NORMA e PROBLEMAS, así coma en bloques segundo o temario impartido. Poderá esixirse unha nota mínima en cada bloque ou parte do exame para calcular a nota media.
Ponderación mínima do exame sobre a nota final:
80 B3
B4
B5
B6
B11
C23
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D10
D13
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnos que renuncien oficialmente á evaluación continua

  • Neste caso, a nota obtida no exame representará o 100% da cualificación.

Prácticas de laboratorio

  • A parte presencial correspondente a cada práctica se realiza nunha data concreta, polo que non é posible recuperar as faltas de asistencia.
  • Excusaranse puntual e excepcionalmente aquelas prácticas non realizadas nas que o alumno presente un xustificante oficial (médico, xulgado,...) debido a razóns inevitables de forza maior.

Resolución de problemas, taballos e exercicios de forma autónoma

  • Os formatos de pesentación e a portada cos datos a incluir en cada entrega estarán disponibles na plataforma FAITIC/TEMA.
  • Cada exercicio comezará páxina.
  • Cada boletín será entregado coa portada normalizada con tódolos datos cubertos (número de boletín, nome do alumno, profesor de prácticas, grupo de prácticas).
  • Non se permitirá a entrega de boletíns fora de prazo.
  • Só se permitirá o grapado de follas para a copia en papel dos boletíns.



Compromiso ético: Espérase que o alumno
presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados,
e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será de suspenso (0.0).



Non se permitirá a utilización de ningún
dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización
expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na
aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente
curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000