Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Teoría de estruturas e construcións industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Aos alumnos que teñan unha nota en exame maior ou igual ao 40% da cualificación máxima posible no mesmo, sumaráselles a nota obtida no traballo. Os traballos puntuaranse en función da súa calidade sobre unha nota máxima de 1 punto sobre 10. 10 B3
B4
B5
B6
B11
C23
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D10
D13
D16
Prácticas de laboratorio Aos alumnos que somen polo menos 4'5 puntos entre a nota de exame e a puntuación do Traballo (ver requisitos en apartado seguinte), sumaranse 0'5 puntos adicionais se asistiron e participaron en todas as prácticas, e entregaron a documentación que se lles solicitou no seu caso nas mesmas. Adicionalmente, aos alumnos que reúnan TODOS E CADA UN dos requisitos anteriores, (incluída nota de polo menos 4'5 entre exame e traballo, así como asistir e participar en todas as prácticas) E QUE ADEMAIS ENTREGUEN TODOS Os PROBLEMAS PROPOSTOS PARA RESOLVER EN CASA, SUMARÁNSELLES OUTROS 0'5 PUNTOS Á NOTA. 10 B3
B4
B5
B6
B11
C23
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D10
D13
D16
D17
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito nas datas establecidas polo centro.
O exame poderá estar dividido en partes de TEORÍA-NORMA e PROBLEMAS, así coma en bloques segundo o temario impartido. Poderá esixirse unha nota mínima en cada bloque ou parte do exame para calcular a nota media.
80 B3
B4
B5
B6
B11
C23
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D10
D13
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnos que renuncien oficialmente á evaluación continua

  • Neste caso, a nota obtida no exame representará o 100% da cualificación.

Prácticas de laboratorio

  • A parte presencial correspondente a cada práctica se realiza nunha data concreta, polo que non é posible recuperar as faltas de asistencia.
  • Excusaranse puntual e excepcionalmente aquelas prácticas non realizadas nas que o alumno presente un xustificante oficial (médico, xulgado,...) debido a razóns inevitables de forza maior.

Resolución de problemas, taballos e exercicios de forma autónoma

  • Os formatos de pesentación e a portada cos datos a incluir en cada entrega estarán disponibles na plataforma FAITIC/TEMA.
  • Cada exercicio comezará páxina.
  • Cada boletín será entregado coa portada normalizada con tódolos datos cubertos (número de boletín, nome do alumno, profesor de prácticas, grupo de prácticas).
  • Non se permitirá a entrega de boletíns fora de prazo.
  • Só se permitirá o grapado de follas para a copia en papel dos boletíns.



Compromiso ético: Espérase que o alumno
presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados,
e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será de suspenso (0.0).



Non se permitirá a utilización de ningún
dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización
expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na
aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente
curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000