Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría gráfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase o número de probas de control que considere o profesor (como mínimo un parcial en torno a metade do curso, sobre a 7ª semana), na data sinalada previamente. Superada esa parte poderá ser eliminada do exame final.
Exame final, con dúas partes separadas, para todos os que non sigan a vía ordinaria de avaliación continua. Todos deben examinarse da segunda parte e pódese recuperar ou mellorar a primeira.
40 C19
D10
D16
Resolución de problemas As actividades prácticas a realizar corresponderanse co indicado no apartado de Contidos Prácticos, e exporanse para o seu desenvolvemento, resolución e posterior entrega ao profesor na data que se indique en cada caso concreto. Cada actividade presentada avaliarase de acordo cos criterios que con anterioridade se indicasen. O calendario para execución e presentación das actividades prácticas será coñecido ao comezo do curso. 40 B1
C19
D2
D6
D9
D14
D16
D17
Cartafol/dossier Ao longo do cuadrimestre levaranse a cabo unha serie de actividades prácticas complementarias.
Tanto neste ítem como nos dous anteriores, valorarase tamén a implicación do alumno nas clases e na realización das diversas actividades programadas, o cumprimento dos prazos de entrega e/ou exposición e defensa dos traballos propostos.
20 B1
C19
D2
D6
D9
D10
D14
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na modalidade de avaliación continua os alumnos superan a materia se
alcanzan a puntuación de cinco puntos. Esíxese tamén un mínimo do 50% da nota máxima en cada parte e
cada sub-parte. A modalidade de avaliación continua será liberatoria, debendo
recuperar só aquelas partes non superadas ao longo do proceso de avaliación
continua.

Tamén poderán presentarse ao exame oficial completo quen, aínda habendo
superando a materia na modalidade de avaliación continua, desexen modificar a
cualificación obtida. Os alumnos que non superen a materia na primeira
convocatoria deberán de realizar unha proba final que contemplará a totalidade
dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír
probas de resposta corta, de resposta longa, resolución de problemas e
desenvolvemento de supostos prácticos.



Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0,0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo
de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación
global será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000