Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría gráfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase o número de probas de control que considere o profesor (como mínimo un parcial en torno a metade do curso), en data sinalada previamente. Superada esa parte poderá ser eliminada do exame final.
Exame final, con dúas partes separadas, para todos os que non sigan a vía ordinaria de avaliación continua. Todos deben examinarse da segunda parte e pódese recuperar ou mellorar a primeira.
60 C19
D10
D16
Resolución de problemas As actividades prácticas a realizar corresponderanse co indicado no apartado de Contidos Prácticos, e exporanse para o seu desenvolvemento, resolución e posterior entrega ao profesor na data que se indique en cada caso concreto. Cada actividade presentada avaliarase de acordo cos criterios que con anterioridade se indicasen, e será devolta con prontitude para que a aprendizaxe que achegue cada corrección poida ser incorporado ás actividades prácticas seguintes. O calendario para execución e presentación das actividades prácticas será coñecido ao comezo do curso. 40 (up to 40) B1
C19
D2
D6
D9
D14
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia supérase mediante a avaliación continua ao acadar 5,00 puntos en cada unha das partes. 

Ao exame final, na data indicada polo centro, deben acudir todos os alumnos, polo menos para efectuar o exame da segunda parte. Poderán recuperar a primera parte os que non a teñan superada ou ben os que desexen de mellorala. Cando no proceso de avaliación continua queden partes pendentes, o alumnado poderá examinarse delas no exame final, tanto de teoría como de prácticas, salvo nos casos que e profesor considere a posibilidade de recuperalas cun traballo adicional ou complementario. As partes superadas conservaranse para a segunda convocatoria. 

Ao exame final, no que se examinará do total dos contidos da materia, deben acudir os alumnos que renunciaran á modalidade de avaliación continua. A cualificación máxima será de 10 puntos. O exame da parte teórica neste caso realizarase na data fixada polo centro, podendo realizarse o da parte práctica en hora e día diferente. 

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamiento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e otros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nesta caso a cualificación global no presente curso académico será suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000