Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría gráfica
   Contidos
Tema Subtema
CONTIDOS TEORICOS .
1. Introdución aos gráficos de enxeñaría 1.1. Tipos de gráficos en enxeñaría. Campos de aplicación. Gráficos para o deseño, a visualización e a comunicación. A linguaxe gráfica.
1.2. Sistemas gráficos. Tipos e estrutura dos ficheiros gráficos. Manexo da información. Xerarquías. Capas.
1.3. Modelos. Modelo xeométrico. Asociatividade da información.
2. Representación de pezas e compoñentes
mecánicos normalizados.
2.1. Normalización de valores. Designacións normalizadas.
2.2. Representación, acotación e designacións normalizadas: elementos roscados,
resortes, rodamentos e os seus accesorios, chavetas. Información gráfica en planos de rodas dentadas. Curvas para o perfil dos dentes.
2.3. Outras formas de transmisión de movemento: poleas, cadeas e acoplamentos.
2.4. Representación simbólica de mecanismos y componentes normalizados.
2.5. Materiais. Designacións normalizadas
2.6. Criterios para selección e emprego de compoñentes normalizados.
3. Xestión da variabilidade; repercusión funcional das tolerancias. Análise e síntese de tolerancias. 3.1. A variabilidade asociada aos problemas de Enxeñaría Mecánica.
3.2. Variabilidade macro e micro xeométricas.
3.3. Tolerancias dimensionais e axustes. Especificación.
3.4. Tolerancias xeométricas. Especificación.
3.5. Referencias e sistemas de referencia.
3.6. Tolerancias de rugosidade superficial. Especificación.
3.7. Tolerancias estatísticas. Funcións de custo das tolerancias.
3.8. Análise de tolerancias e sínteses de tolerancias.
3.9. Combinación de tolerancias; repercusión da acumulación de tolerancias sobre o funcionamento e montaxe de mecanismos.

4. Concepción e representación de formas mecánicas elementais. Acotación orientada á función, a fabricación e o control do produto.
4.1. Formas construtivas para o deseño de pezas: mecanizadas, moldeadas, forxadas, conformadas e embutidas.
4.2. Funcións mecánicas elementais.
4.3. Análise das condicións de funcionamento nos mecanismos.
4.4. Acotación Funcional. Cadeas de cotas.
4.5. Acotación orientada ao proceso de fabricación.
4.6. Acotación orientada ao control de conformidade.
5. Especificación xeométrica de produtos (GPS). 5.1. Concepto de especificación xeométrica segundo ISO. Informe técnico e norma.
5.2. Cadeas de Normas. Eslabóns e características.
5.3. Normas GPS fundamentais.
5.4. Matrices de Normas GPS Xenerais,
5.5. Matrices de Normas GPS Complementarias.
5.6. Operacións de especificación.
5.7. Interpretación de especificacións xeométricas en base ás operacións para construílas.
6. Fundamentos dos gráficos por computador. 6.1. Transformacións xeométricas básicas.
6.2. Graficación de liñas: algoritmos básicos, diferencial dixital e de Bresenham ou do punto medio.
6.3. Curvas polinómicas aproximadoras e interpoladoras: tipos e aplicacións.
6.4. Modelado xeométrico. Estrutura da información nos ficheiros CAD 2D e 3D. Entidades e modelos de sólidos/superficies/malla de arame/puntos.
6.5. Librarías gráficas.
6.6. Sistemas CAD para deseño mecánico orientados ao produto.
7. Representación de construcións e
instalacións industriais.
7.1. Representación simbólica de estruturas.
7.2. Planos de detalle para estruturas metálicas.
7.3. Representación e anotación das unións soldadas.
7.4. Debuxos para calderería.
7.5. Símbolos e esquemas para circuítos oleohidráulicos e pneumáticos.
7.6. Símbolos e esquemas para conducións de fluídos.
8. Diagramas, Nomogramas e ecuacións empíricas. 8.1. Construcións gráficas empregadas en enxeñaría.
8.2. Escalas para as construcións gráficas.
8.3. Diagramas e Nomogramas. Gráficas volumétricas.
8.4. Representación gráfica de ecuacións empíricas.
8.5. Funcións de análises de datos.
9. Sistemas CAD/CAE/CAM. Sistemas para
adquisición de datos das xeometrías reais.
Prototipado rápido.
9.1. Sistemas CAx.
9.2. Ferramentas CAD/CAM.
9.3. Ferramentas CAE no contexto da enxeñaría de deseño.
9.4. Realidade virtual: características e dispositivos. Aplicacións no campo da enxeñaría.
9.5. Dixitalización de formas. Proxectos de enxeñaría inversa.
9.6. Sistemas de prototipado rápido.
9.7. Formatos para o intercambio de información.
10. Introdución ao deseño industrial. 10.1. Deseño. Tipos. O deseño industrial: produto, comunicación e imaxe corporativa.
10.2. Metodoloxías para o deseño.
10.3. Etapas do proceso de deseño.
10.4. A creatividade no proceso de deseño.
10.5. Valoración de alternativas de deseño.
10.6. DfX.
CONTIDOS PRÁCTICOS .
1. Croquizado dun conxunto mecánico Proporase a realización individual do croquizado dun conxunto mecánico, que incluirá elementos de transmisión e un elevado número de compoñentes normalizados. O proceso previo á realización do croquizado, consistente no seu estudo, procura de información e análise, realizarase por grupos de tres ou catro alumnos/as.
2. Modelado do conxunto anterior Realizarase o modelado das pezas e o ensamblado do conxunto da práctica anterior mediante o programa CAD avanzado (AutoCAD, SolidWorks ou ONSHAPE) dispoñible no Laboratorio. Será un traballo Individual, aínda que se formarán grupos para as postas en común e aprendizaxe colaborativo.
3. Realización de planos en 2D Partindo dos modelados anteriores, elaboraranse os planos de detalle e de conxunto do ensamblado, mediante o programa CAD dispoñible, contendo a lista de pezas e todas as especificacións necesarias (cotas, tolerancias macro e microgeométricas, indicacións especiais), que sexan necesarias para garantir un funcionamento óptimo do mecanismo ao que pertenza cada peza.
4. Representacións de calderería Realizar o modelado sólido e representar os desenvolvementos para un elemento de caldeireiría, con todas as especificacións dimensionais necesarias, empregando o programa CAD avanzado (AutoCAD, SolidWorks u ONSHAPE) dispoñible no laboratorio.
5. Realización dunha memoria para análise de funcionalidade e intercambiabilidad Realizarase unha análise crítica do deseño dos exercicios 1-4, que conteña unha previsión das condicións de funcionamento esperadas, baseada nas tolerancias aplicadas e o efecto combinado entre todas elas, e un estudo que reflicta como se poden reducir os custos das tolerancias a partir do efecto combinado de todas as que interveñen. Realizarase unha análise CAE dunha peza relevante do deseño. Todas as partes deste traballo serán documentadas con canta información gráfica, da traballada no curso, sexa posible aplicar para unha mellor comprensión da memoria.
6. Representación dunha construción
industrial. Esquemas para conducións de fluídos e outras instalacións.
Representar mediante o programa CAD dispoñible unha pequena edificación do tipo nave industrial para albergar un taller ou pequena industria mecánica, con planos acoutados da estrutura metálica e os seus correspondentes detalles construtivos.
Realizar a representación simbólica de diversas instalacións relevantes da nave: enerxía, fluídos, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000