Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Máquinas de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios propostos, incluíndo:
- un número de entregas semanais (non presencial)
- unha resolución presencial en horario de prácticas como reforzo do tema
10 C24
D2
D9
D10
Prácticas de laboratorio Memoria escrita das actividades realizadas nas sesions de laboratorio, incluíndo resultados da experimentación 10 C24
D10
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final que poderán constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
exercicios/problemas
tema a desenvolver
80 C24
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: representa o 20% da nota. Salvo indicación oficial por parte do centro da renuncia do alumno á avaliación continua, o alumno cursa a materia en dita modalidade.

A nota da avaliación continua non se gardará dun curso escolar a outro para os alumnos repetidores. 

Exame final: representa o 80% da nota da materia. Para superar o exame final será necesario obter un mínimo do 30% da nota en todas e cada unha das partes do exame.

Se o alumno participa nalgunha das probas de avaliación continua ou no exame final, considerase ó alumno como presentado á materia.

Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global
no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000