Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría térmica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito consistente na resolución de problemas e/ou de preguntas relativas á teoría e/ou das prácticas de laboratorio.
Permitirá alcanzar a nota máxima (10 pts).
90 B1
C21
D1
D2
D8
D10
D14
D16
Informe de prácticas Traballos individuais e/ou de grupo consistentes na resolución de problemas e/ou exercicios prácticos relacionados cos contidos desenvolvidos.
Así mesmo valorarase o aproveitamento das sesións de prácticas de Laboratorio levadas a cabo.
A realización destas tarefas permitirá alcanzar ata un máximo do 10% da nota.
10 C21
D1
D2
D6
D8
D10
D14
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Aqueles alumnos que realicen as tarefas que encarga o profesor ao longo do curso poderán chegar ao exame final cunha renda de puntos compensable adquiridos por avaliación continua. Os puntos alcanzados terán validez nas dúas convocatorias de exame do curso. O exame final poderá ser diferenciado para os alumnos que seguiron a avaliación continua ao longo do curso respecto daqueles que non a seguiron. En ambos os dous casos a nota máxima do curso será de dez puntos.

Na convocatoria Fin de Carreira a nota procederá da evaluación do exame nun 100%, non se terá en conta a nota de prácticas do anterior curso.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000