(*)Dende a antigüedade o home utilizou os procesos biotecnolóxicos para a obtención de productos de interese. Actualmente, o sector biotecnolóxico é unha das áreas que está experimentando un maior crecemento, o que implica a necesidade de seleccionar, dentro dun espacio de posibilidades, aquelas alternativas que en base a un criterio predeterminado, permitan cumplir cos obxectivos desexados. A búsqueda dun plantexamento formal do problema de deseño facilita a necesidade de atopar modelos matemáticos que se axusten ós datos empíricos e que permitan unha maior facilidade na optimización e simulación destes procesos. Todo elo redundará nunha maior eficiencia e facilidade de control de diversidade de procesos con base biotecnolóxica