Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Teoría de máquinas e mecanismos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e a participación do alumno nas prácticas de laboratorio e as memorias de práctica.
Para poder ser avaliado neste apartado o alumno deberá asistir a un mínimo de 7 prácticas.
Resultados de aprendizaxe: Avalíanse todos.
20
CG3
CG4
CE13
CT2
CT6
CT9
CT10
CT16
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final/parciais enfocados aos contidos correspondentes impartidos durante as clases de aula e laboratorio.
Resultados de aprendizaxe: Avalíanse todos.
80
CG3
CG4
CE13
CT2
CT9
CT10
CT16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia aprobase si se obtén unha cualificación igual ou maior que un 5 como nota final, da seguinte forma:

  1. A
    asistencia con aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática, a
    cualificación das memorias entregadas en cada práctica e os traballos
    tutelados, terán unha valoración máxima de 2 puntos da nota final,
    esta cualificación conservarase na segunda edición da convocatoria. Para poder ser avaliado neste apartado o alumno deberá asistir a un mínimo de 7 prácticas. 
  2. Para os alumnos que soliciten renuncia á avaliación continua e a teñan oficialmente aceptada, existirá un exame final de Laboratorio cunha valoración máxima de 2 puntos. Se o alumno desexa realizar dita proba, debe avisar ao profesor antes do exame para que o profesor prepare o material necesario. 
  3. O exame final terá unha valoración mínima de 8 puntos da nota final.

*
Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo
a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE de 18 de
setembro).

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No 
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización
de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso académico e a
cualificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000