Educational guide 2017_18
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Teoría de máquinas e mecanismos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e a participación do alumno nas prácticas de laboratorio e as memorias de práctica.
Resultados de aprendizaxe: Avalíanse todos.
20 B3
B4
C13
D2
D3
D6
D9
D10
D16
D17
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final/parciais enfocados aos contidos correspondentes impartidos durante as clases de aula e laboratorio.
Resultados de aprendizaxe: Avalíanse todos.
80 B3
B4
C13
D2
D3
D9
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia aprobásese se se obtén unha cualificación (*) igual ou
maior que un 5 como nota final, da seguinte forma: A asistencia con
aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática, a cualificación das
memorias entregadas en cada práctica e os traballos tutelados, terán
unha valoración máxima de 2 puntos da nota final, esta cualificación
conservarase na segunda convocatoria. Para poder ser avaliado neste
apartado, a asistencia a prácticas é obrigatoria. Para os alumnos que o
soliciten no prazo establecido(renuncia a avaliación continua), existirá
un exame final de Laboratorio/Traballos tutelados en ambas as
convocatorias cunha valoración máxima de 2 puntos. O exame final terá
unha valoración máxima de 8 puntos da nota final.

(*) Empregarase
un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a
lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE de 18 de
setembro).

Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. En 
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización
de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o
alumno
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0).Non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir
un
dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso académico e a
cualificación global será de suspenso (0.0).

Calendario de exames: Esta información se pode consultar de forma actualizada na
páxina web do centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000