A calificación da avaliación continua (que
denominaremos EC) terá un peso do 30% da calificación final e incluirá tanto os
contidos das prácticas de laboratorio (peso do 20%, que denominaremos
calificación ECL) como de aula (peso do 10%, que denominaremos calificación
ECA).
A calificación
ECA obterase mediante probas teórico-prácticas de resposta xustificada sobre
contidos de aula.
A calificación ECL obterase como a suma da
calificación dos informes de prácticas e de probas sobre contidos de
laboratorio. Para obter una calificación ECL é necesaria a asistencia a lo
menos de 10 das 12 sesións de laboratorio programadas.
Aqueles alumnos
que non podan seguir a avaliación continua e teñan concedida a renuncia á
evaluación continua terán a posibilidade de realizar unha proba final escrita
para obter unha calificación REC que terá un peso do 30% da calificación final
e incluirá tanto os contidos das prácticas de laboratorio (peso do 20%, que
denominaremos calificación RECL) como de aula (peso do 10%, que denominaremos
calificación RECA).
O 70% restante da calificación final obterase
mediante a realización dun exame final que constará de dúas partes: unha parte
teórica (que denominaremos T) que terá un peso do 30% da calificación final, e
outra parte de resolución de problemas (que denominaremos P) que terá un peso
do 40% da calificación final. A parte teórica constará dunha proba eliminatoria
de preguntas obxectivas (que denominaremos TT) sobre conceptos teóricos
fundamentais, que terá un peso do 10% da calificación final e na que se esixirá
unha calificación mínima do 50%, e outra proba de preguntas teórico-prácticas
de resposta xustificada (que denominaremos TC), que terá un peso do 20% da
calificación final. Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final obterán
unha cualificación de non presentado.
Tanto os exames da convocatoria fin de carreira
como os que se realicen en datas e/ou horarios distintos aos fixados
oficialmente polo centro poderán ter un formato de exame distinto ao detallado
anteriormente, aínda que as partes do exame (EC o REC, T e P), conservarán o
mesmo valor na calificación final.
Calificación final G da asignatura para a
modalidade de avaliación continua:
G = ECL + ECA +
TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT.
Calificación
final G da asignatura para la modalidade de avaliación ao final do cuatrimestre
e xullo (as opcións RECL e RECA únicamente para alumnado con renuncia concedida):
G = ECL (ou RECL)
+ ECA (ou RECA) + TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente
un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.),
consideraráse que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Nese caso, a cualificación final no presente curso académico será de
suspenso (0,0).
Non se permitirá
a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non
autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a calificación final será de suspenso
(0,0). |