Guia docente 2019_20
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Física: Física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Pruebas que evalúan o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10 B3
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 40 B3
C2
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 40 B3
C2
Informe de prácticas Elaboración dun documento por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 10 B3
C2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A calificación da avaliación continua (que
denominaremos EC) terá un peso do 30% da calificación final e incluirá tanto os
contidos das prácticas de laboratorio (peso do 20%, que denominaremos
calificación ECL) como de aula (peso do 10%, que denominaremos calificación
ECA).



A calificación
ECA obterase mediante probas teórico-prácticas de resposta xustificada sobre
contidos de aula.

 



A calificación ECL obterase como a suma da
calificación dos informes de prácticas e de probas sobre contidos de
laboratorio. Para obter una calificación ECL é necesaria a asistencia a lo
menos de 10 das 12 sesións de laboratorio programadas.



Aqueles alumnos
que non podan seguir a avaliación continua e teñan concedida a renuncia á
evaluación continua terán a posibilidade de realizar unha proba final escrita
para obter unha calificación REC que terá un peso do 30% da calificación final
e incluirá tanto os contidos das prácticas de laboratorio (peso do 20%, que
denominaremos calificación RECL) como de aula (peso do 10%, que denominaremos
calificación RECA).

 



O 70% restante da calificación final obterase
mediante a realización dun exame final que constará de dúas partes: unha parte
teórica (que denominaremos T) que terá un peso do 30% da calificación final, e
outra parte de resolución de problemas (que denominaremos P) que terá un peso
do 40% da calificación final. A parte teórica constará dunha proba eliminatoria
de preguntas obxectivas (que denominaremos TT) sobre conceptos teóricos
fundamentais, que terá un peso do 10% da calificación final e na que se esixirá
unha calificación mínima do 50%, e outra proba de preguntas teórico-prácticas
de resposta xustificada (que denominaremos TC), que terá un peso do 20% da
calificación final. Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final obterán
unha cualificación de non presentado.

 



Tanto os exames da convocatoria fin de carreira
como os que se realicen en datas e/ou horarios distintos aos fixados
oficialmente polo centro poderán ter un formato de exame distinto ao detallado
anteriormente, aínda que as partes do exame (EC o REC, T e P), conservarán o
mesmo valor na calificación final.

 



Calificación final G da asignatura para a
modalidade de avaliación continua:

 



G = ECL + ECA +
TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT.



Calificación
final G da asignatura para la modalidade de avaliación ao final do cuatrimestre
e xullo (as opcións RECL e RECA únicamente para alumnado con renuncia concedida):



G = ECL (ou RECL)
+ ECA (ou RECA) + TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT.

 



Compromiso ético: Espérase que o alumno presente
un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.),
consideraráse que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Nese caso, a cualificación final no presente curso académico será de
suspenso (0,0).



Non se permitirá
a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non
autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a calificación final será de suspenso
(0,0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000