Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
Materias
Física: Física II
Avaliación
Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10 B3
C2
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 40 B3
C2
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40 B3
C2
Informe de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 10 B3
C2
D9
D10

Outros comentarios sobre a Avaliación

A calificación da avaliación continua (que denominaremos EC) terá un
peso do 30% da calificación final e incluirá tanto os contidos das
prácticas de laboratorio (peso do 20%, que denominaremos calificación
ECL) como de aula (peso do 10%, que denominaremos calificación ECA).

A calificación ECA obterase mediante probas teórico-prácticas de resposta xustificada sobre contidos de aula.

A
calificación ECL obterase como a suma da calificación dos
informes/memorias de prácticas e de probas sobre contidos de laboratorio. Para obter una calificación ECL é necesaria a asistencia a lo menos de 10 das 12 sesións de laboratorio programadas.

Aqueles alumnos que non podan seguir a avaliación
continua e teñan concedida a renuncia á evaluación continua terán a posibilidade de realizar unha proba final escrita para
obter unha calificación REC que terá un peso do 30% da calificación
final e incluirá tanto os contidos das prácticas de laboratorio (peso do
20%, que denominaremos calificación RECL) como de aula (peso do 10%,
que denominaremos calificación RECA).

O 70% restante da
calificación final obterase mediante a realización dun exame final que
constará de dúas partes: unha parte teórica (que denominaremos T) que
terá un peso do 30% da calificación final, e outra parte de resolución
de problemas (que denominaremos P) que terá un peso do 40% da
calificación final. A parte teórica constará dunha proba eliminatoria
tipo test (que denominaremos TT) sobre conceptos teóricos fundamentais,
que terá un peso do 10% da calificación final e na que se esixirá unha
calificación mínima do 50%, e outra proba de cuestións teórico-prácticas
de resposta xustificada (que denominaremos TC), que terá un peso do 20% da
calificación final. Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final obterán unha cualificación de non presentado.

Tanto os exames da convocatoria fin de
carreira como os que se realicen en datas e/ou horarios distintos aos
fixados oficialmente polo centro poderán ter un formato de exame
distinto ao detallado anteriormente, aínda que as partes do exame
conserven o mesmo valor na calificación final.

Calificación final G da asignatura para a modalidade de avaliación continua:

G = ECL + ECA + TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT.

Calificación final G da asignatura para la modalidade de avaliación ao final do cuatrimestre e xullo (as opcións RECL e RECA únicamente para alumnado con renuncia concedida):

G = ECL (ou RECL) + ECA (ou RECA) + TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT.

Profesores responsables de grupos:

Grupo A: Ramón Francisco Soto Costas

Grupo B: José Luis Fernández Fernández

Grupo C: Antonio Riveiro Rodríguez

Grupo D: José Luis Fernández Fernández

Grupo G: Jesús Blanco García

Grupo H: Jesús Blanco García

Grupo I: Fernando Lusquiños Rodríguez

Grupo J: Fernando Lusquiños Rodríguez

Grupo K: Fernando Ribas Pérez

Grupo L: Fernando Ribas Pérez

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.),
consideraráse que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar
a materia. Nese caso, a cualificación final no presente curso académico
será de suspenso (0,0).

Non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non
superación da materia no presente curso académico e a calificación
final será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000