Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas e/ou exercicios mediante a aplicación de rutinas, procedementos e fórmulas a partir da información dispoñible. 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Dúas probas tipo test de escolla múltiple sobre contidos teóricos e prácticos. 50 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba con cuestións teóricas e prácticas, sobre os contidos impartidos ao longo de todo o período formativo. 30 B9
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

A cualificación final no sistema de avaliación continua determinarase a
través das seguintes probas e actividades:

  • Exame
    parcial 1
    . Esta proba será tipo test, realizarase ao concluír o Tema 3, terá un
    carácter liberatorio e suporá o 20% da cualificación final da materia.
  • Exame
    parcial 2
    . Esta proba tamén será tipo test, realizarase ao concluír o período formativo vencellado á materia e suporá o 30% da cualificación final da mesma.
  • Exame
    final
    . Este exame consistirá no desenvolvemento de varios problemas, realizarase na
    data establecida polo Centro na planificación académica e suporá o 30% da
    cualificación final da materia.
  • Prácticas.
    O cumprimento das tarefas desenvolvidas durante as prácticas suporá o 20% da
    cualificación final da materia. Cada práctica realizada por o/a alumno/a será
    avaliada, calculándose a cualificación de prácticas como a media aritmética das
    notas obtidas nestas.

2. AVALIACIÓN GLOBAL

Para os/as alumnos/as que opten por este sistema de avaliación, a cualificación final da materia será a obtida nunha proba global que se realizará na data
establecida polo Centro na planificación académica. Este exame dará a
posibilidade de obter o 100% da cualificación e constará de dúas partes:

  • A primeira parte constituirá o 40% da nota final e tratarase dunha proba tipo test
    que abarcará todos os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo do
    período formativo vencellado á materia. Unha condición necesaria, aínda que non
    suficiente, para superar a materia, será obter nesta parte unha puntuación
    mínima de 5, nunha escala do 0 a 10.
  • A segunda parte completará o 60% restante e constará de varios problemas que o/a
    alumno/a deberá desenvolver.

3. RECUPERACIÓN DE XULLO

Nesta oportunidade aplicaranse os criterios de avaliación establecidos nos
apartados anteriores en función do sistema de avaliación elixido polo/a
alumno/a.

4. COMPROMISO ÉTICO

Esperase que o/a alumno/a actúe eticamente e con honestidade en todas as
probas e actividades que se desenvolvan ao longo do período formativo.

No caso de detectar unha actuación fraudulenta nas actividades e probas de
avaliación (copia, utilización de apuntamentos, libros, materiais, dispositivos
electrónicos, medios telemáticos non autorizados, e outros) considerarase que
o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dito
comportamento implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da
oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000