Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Sistemas eléctricos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Actividades introdutorias
Lección maxistral
Resolución de problemas
Prácticas con apoio das TIC
Traballo tutelado
Todas estas metodoloxías realizaranse de maneira telemática a través dos medios que facilita a Universidades (aulas virtuais).

* Metodoloxías docentes que se modifican
As prácticas de laboratorio, de ser necesario, adaptaranse a grupos máis reducidos para garantizar a seguridade do alumnado. De non ser posible a presencialidade con garantías, substituiranse por actividades nas que se poidan observar os procedementos e os resultados obtidos na práctica para logo poder realizar as análises pertinentes.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As tutorías realizaranse a través da aula virtual asignada o profesorado da materia, establecendo cita previa para xestionar as quendas.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos non se modifican.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se contempla.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non será necesario adaptar o tipo de avaliación considerado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000