Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Enxeñaría de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realizarase mediante dúas probas escritas (preguntas curtas e tipo teste probelmas) que recollan os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso. Unha proba realizarase durante o período de docencia (30%) e a outra será na data oficial fixada polo centro (40%). 70 B3
B4
B5
B6
B11
D5
D7
D9
D10
D15
Prácticas de laboratorio As actividades formativas de carácter práctico avaliaranse segundo os criterios de asistencia e grao de participación, informes de desenvolvemento de prácticas e unha proba ao final do período de impartición das prácticas
20 D5
D9
D10
D15
D17
Traballo tutelado Avaliaranse polos informes presentados, e a exposición en clase dos traballos.
10 B3
B4
B11
D9
D10
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN:

a)Modalidade de Avaliación continua

 

A avaliación continua realizarase durante o periodo de impartición da
materia. Para superar a materia o alumno deberá acadar un 5 ou superior. A contribución de cada proba a nota é como segue:

 

1)   Avaliación dos contidos de prácticas mediante proba
escrita, elaboración e entrega da memoria de prácticas (20% da cualificación).
Poderáse facer na semá destinada para a primeira proba da Avaliación continua
marcada polo Centro.

2)   Elaboración e presentación dun traballo (10% da cualificación).

3)   Primeira proba escrita dos contidos impartidos nas clases
non prácticas (30% da cualificación). Esta proba está programada para mediados
do cuatrimestre de impartición da materia e segundo fixa o Art. 20 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación
e a calidade da docencia  e do proceso de aprendizaxe do estudantado,
faráse no horario lectivo da materia.

4)   Segunda proba escrita dos contidos impartidos nas clases
non prácticas (40% da cualificación). Esta proba levaráse a cabo na data oficial marcada polo centro para
realizar a avaliación global da materia.

Para superar a materia na primeira edición da acta por avaliación continua,
deberáse acadar un 40% como mínimo  en cada unha das probas escritas referidas aos
contidos contidos teóricos da materia.

 

a)    No suposto de que o alumno, na primeira proba non
acade este mínimo, poderá ser avaliado a través da metodoloxía de
avaliación global, expresando por escrito a súa renuncia a avaliación continua.


b)    No caso de que non acade o mínimo na segunda proba
de avaliación continua, non se considerarán as cualificacións 1) e 2).   

 

b)Modalidade de Avaliación global.

 

Aqueles alumnos que renuncien á metodoloxía de  avaliación continua e
polo tanto empreguen a metodoloxía de avaliación global, farán  un exame
sobre a totalidade dos contidos da materia (impartidos tanto nas clases
teóricas como nas prácticas) na data marcada polo centro, sobre unha puntuación
de 10 puntos, sendo preciso acadar 5 puntos.

SEGUNDA EDICIÓN (exame de Xullo):

Na segunda edición da acta:

 

a)    Aqueles alumnos que na edición anterior se avaliaron pola modalidade
da Avaliación continua, se o desexan, poderán manter as cualificacións
dos apartados 1) e 2). Neste caso, serán avaliados mediante unha proba escrita,
sobre os contidos impartidos nas clases teóricas. A proba representará un 70%
da cualificación final, sendo preciso acadar un mínimo do 40%, para que a nota
desta proba pódase sumar ás obtidas nos apartados 1) e 2). Esta proba realizaráse
na data oficial fixada polo centro.

b)    Modalidade de Avaliación global: Nesta
modalidade o alumno fará unha proba escrita que avaliará a totalidade dos
contidos da materia, impartidos nas clases de teoría e de prácticas. Para
superar a materia o alumno deberá obter 5 puntos sobre 10. Esta proba
realizaráse na data oficial fixada polo centro para a segunda oportunidade.

 

Compromiso
Ético:  Espérase
 que o alumno/a presente un comportamento ético adecuado, tal como se
recolle nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento
sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia  e do proceso
de aprendizaxe do estudantado, aprobado no Claustro do 18 de Abril do 2023. No caso de detectar
un comportamento non ético  (copia, plaxio, emprego de aparellos
eléctricos  non autorizados, e outros) considerarase   que ó
alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a
cualificación global non presente curso académico sera de suspenso (0.0).

 

AVISO: No suposto de haber discrepancias entre as diferentes versións
lingüísticas da guía, prevalecerá o recollido na versión de galego.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000