Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Informática: Informática para a enxeñaría
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen.
Para a materia utilízanse a lección maxistral, as prácticas de laboratorio e o estudo de caso, estas metodoloxías seguirán sendo válidas pero apoiadas por servizos, tales como: Campus Remoto, Moovi, ou outros que a Universidade de Vigo teña dispoñibles nese momento e poña ao alcance do alumnado e do profesorado.
* Metodoloxías docentes que se modifican: non é necesario modificar ningunha metodoloxía docente dado que todas elas pódense adaptar á docencia non presencial ou mixta de ser o caso.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
Cada profesor implicado na materia porá en coñecemento do alumnado os distintos medios para establecer unha canle de comunicacións entre ambos, estes métodos poden ser correo electrónico, sala virtual do profesorado, foros, etc. Toda esta información estará sempre a dispoñibilidade do alumnado e debidamente publicada.
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
A bibliografía porase desde o arranque do curso ao alcance do alumnado como sempre para que seleccione os recursos que máis lle facilitan a súa aprendizaxe: manuais, exercicios resoltos, vídeos de terceiros, vídeos propios, etc. Non aplica bibliografía adicional.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense os criterios de avaliación adecuando a realización das probas, no caso de ser necesario e por indicación en resolución reitoral, aos medios telemáticos postos a disposición do profesorado
* Información adicional
O contido da materia manterase igual, e buscaranse entre os distintos medios que a Universidade de Vigo poña ao noso alcance, aqueles que faciliten a transmisión de coñecementos e a súa debida avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000