Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Fundamentos de administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas informáticas Formulación de problemas e resolución con ferramentas informáticas 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Respostas verdadeiro/falso ou múltiples 20 B9
D5
D8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Para valorar a capacidade de síntese e de relacionar conceptos e dominio da materia 60 B9
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Compromiso ético:

Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Os alumnos poderán acollerse a un sistema de avaliación continua, no
caso de que asistan á totalidade das clases prácticas. Para poder conservar o dereito a avaliación continua, só se permitirá a ausencia en dúas clases prácticas, sempre que sexa de maneira xustificada, e a condición de que
entreguen os exercicios propostos nas mesmas. O cumprimento do traballo práctico suporá o 20% da nota final.

Ademais, realizarase unha proba tipo test en data anunciada ao comezo da docencia da materia e que se desenvolverá en horas do bloque de teoría.  Esta proba tipo test suporá ata un 20% da nota final.  Esta proba non é recuperable, é dicir,
se un alumno non pode cumprila no prazo estipulado, o profesor non
ten obrigación de repetila.

Finalmente, realizarase un exame de contido teórico e práctico na data oficial marcada na planificación docente do curso.  Este exame completará o 60% restante da nota final. IMPORTANTE: é imprescindible neste
exame obter unha nota mínima de 4 (nunha escala do 0-10) para
superar a materia.

Para os alumnos que non se acollan á avaliación continua, realizarase un único exame que suporá en 100% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000