Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Tecnoloxía térmica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Entrega das memorias dos traballos realizados e presentación oral dos mesmos. Resolución de problemas expostos durante o curso. 20 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
D17
D20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exames parciais realizados durante o curso en horario de clase ou na data oficial de exame 40 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
D17
D20
Exame de preguntas obxectivas Exames parciais realizados durante o curso en horario de clase ou na data oficial de exame 40 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
D17
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua – Primeira oportunidade

Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas escritas parciais (P1 e P2) que cubrirán os contidos vistos ata a data da proba. A proba de P1 realizarase no horario lectivo e a de P2 na data e na aula do exame oficial. Os contidos avaliados en P1 non serán avaliados en P2.

Cada unha das probas P1 e P2 terá un valor do 40% da nota da materia (80% en total). Para aprobar a materia o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 4 sobre 10 (1,6 puntos sobre 4) en cada unha das probas de P1 e P2.

A maiores, o alumnado deberá realizar un traballo (T) que suporá o 20% da nota da materia. O devandito traballo poderá ser sometido ao sistema antiplaxio e a porcentaxe máxima admisible será do 33%.

A nota final calcularase como: P1+P2+T. No caso de que a nota en calquera proba sexa inferior a 4 sobre 10 (1,6 puntos sobre 4) e a puntuación total da materia sexa superior a 4, a nota final será de 4.

Avaliación continua – Segunda oportunidade

O exame de segunda oportunidade (E2) consistirá nunha proba escrita que se dividirá en dúas partes, unha na que se avaliarán os contidos teóricos da materia e outra na que o alumno abordará a resolución de problemas vistos na materia. Este exame representará o 80% da nota final da materia. Para aprobar a materia, o alumno deberá obter en E2 unha nota igual ou superior a 4 sobre 10 (3,2 puntos sobre 8).

Mantense a nota do traballo e non é recuperable.

A nota final calcularase como E2+T. No caso de que a nota en E2 sexa inferior a 4 sobre 10 (3,2 puntos sobre 8) e a puntuación total da materia sexa superior a 4, a nota final será de 4.

Avaliación global

O alumno que solicite oficialmente a renuncia á avaliación continua terá dereito a unha proba global (EG), escrita, cunha puntuación do 80%, na que se avaliarán os contidos teóricos e a resolución de problemas vistos ó longo do curso. Ademais, o 20% restante avaliarase mediante unha pregunta adicional na que o estudante realizará unha disertación escrita (DE) sobre un tema elixido dunha lista proposta. Para aprobar a materia o alumno deberá obter unha nota igual ou superior a 4 sobre 10 (3,2 sobre 8) en EG.

A nota final calcularase como a suma de EG e DE. No caso de que a nota do EG sexa inferior a 4 sobre 10 (3,2 puntos sobre 8) e a puntuación total da materia sexa superior a 4, a nota final será de 4.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considerarase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de evaluación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000