Avaliación:
Os alumnos que opten pola avaliación Continua, para aproba-la materia, deben supera-lo 40% da nota máxima en cada unha das partes
do “exame final”. O alumno que renuncie oficialmente á avaliación
continua, fará un “exame final” de teoría e problemas que valerá o 90% da nota
final, e un exame de prácticas que valerá o 10% da nota final. En calquera
caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada
unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas. Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos
criterios.
En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación das "probas de resposta corta" feitas e das prácticas, polo que os alumnos so deberán face-lo "exame final". Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento “non ético” (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 puntos).
Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos) |