Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Máquinas eléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A avaliación da parte práctica de laboratorio realizarase de forma continua (sesión a sesión).
Os criterios de avaliación son: - Asistencia mínima do 80%. -Puntualidade. - Preparación previa das prácticas. - Utilización correcta do material. -Os resultados entregados por cada alumno ou grupo ao finalizar cada práctica.
A non asistencia a unha sesión de prácticas supón que será puntuada con 0 puntos.
Unha asistencia a clases de practicas inferior ao 80% supón que a nota total de prácticas é de cero puntos.
Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte.
10 B3
C10
D1
D2
D10
D14
D16
D17
D19
Resolución de problemas A avaliación continua das clases de problemas realizarase conforme aos seguintes criterios: - Asistencia mínima do 80%. -Puntualidade. - Preparación previa -Resultados entregados por cada alumno ao finalizar cada clase nos casos que así se esixa. 5 B3
C10
D1
D2
D6
D10
D16
Probas de tipo test A avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumno farase de forma individual e sen a utilización de ningún tipo de fonte de información, nun único exame de tipo test que englobará toda a materia impartida no cuadrimestre, tanto en teoría como en prácticas de laboratorio. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte. 55 B3
C10
D1
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita na que se avaliará a aplicación práctica dos coñecementos teóricos á resolución de problemas tipo de máquinas eléctricas. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte. 30 C10
D1
D2
D10
D14
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Segunda convocatoria: Se un alumno non alcanza o 80% de asistencia en clases de practicas ou ben a nota obtida non alcanza o valor mínimo requirido, ten a opción de realizar un exame de practicas. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 50% da nota máxima nesta parte. 

Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non
ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000